• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | El jueves 13 de junio comienza "Mira.Me" una actividad incluída del programa Ribadeo Emprende, incluye un curso para conseguir una marca personal, la guionización y grabación de un vídeo currículum y su difusión en las redes sociales.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Nova iniciativa que se desenvolverá ao longo dos vindeiros días dentro do programa Ribadeo Emprende. A actividade, que organizan as Concellaría de Desenvolvemento Local e Mocidade, denomínase Mira.Me e inclúe un curso para conseguir  a nosa marca persoal, que se inicia mañá de 17 a 20 horas na Casa da Xuventude. Despois os asistentes elaborarán un guión para realizar o seu vídeo currículo, que gravarán cara o mes de setembro, e a fase final suporá que eses traballos se volquen nun blogue para a súa difusión a través das redes sociais. O edil de Mocidade, Xavier Campos, lembrou que “o elemento central do Ribadeo Emprende é o apoio aos emprendedores, a todas aquelas persoas que están a buscar maneiras de saír adiante no entorno laboral neste tempo tan complexo e tan difícil que estamos a vivir, e que están a apostar pola innovación, pola formación e pola creatividade como fórmulas a partires das cales poder xerar oportunidades de emprego e de traballo”. O concelleiro nacionalista dixo que “nós desde Desenvolvemento Local e desde Mocidade temos moi clara a liña de apostar pola xente nova e pola non tan nova, pero que sabe que hoxe en día compre singularizarse a partires deses elementos do talento, da innovación, da creatividade… e neste sentido o que poñemos en marcha nesta ocasión é este programa Mira.Me”. Campos explicou que “esta nova iniciativa consta de tres partes. Unha primeira que estará centrada nun taller de elaboración dun branding persoal, dunha marca persoal, que permita aos participantes desenvolver unha marca propia para comunicar con máis éxito os seus proxectos”. Este curso comeza mañá, 13 de xuño, na Casa da Xuventude e seguirá os días 14, 20, 21, 25 e 26 de xuño. O concelleiro de Mocidade seguiu a contar que “despois haberá outra actividade para elaborar un vídeo currículo, porque tamén se entende que é necesario moverse no entorno virtual das novas tecnoloxías para ser capaz de chegar a máis persoas e para comunicar mellor aquelas ideas e propostas de traballo que facemos”. Os asistentes ao Mira.Me disporán dunhas titorías individuais sobre a guionización do vídeo currículo os días 27 e 28 de xuño. A gravación dos mesmos levarase adiante durante os meses de xullo e setembro. Xavier Campos engadiu que “a última fase será a de difusión nas redes sociais deses vídeo currículos, das propostas de traballo que se xeren nestes talleres. O número de participantes será de 15 persoas. Os interesados/as en participar poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local e á técnica Mónica Barcia, para recibir e ampliar máis información desta iniciativa que da comezo mañá”. O edil responsable de Mocidade dixo que “como Concello non renunciamos a apoiar e a facer aquilo que consideremos que vai ser positivo para abrir camiños e para abrir unha certa esperanza a persoas que teñen formación, coñecemento e talento, pero que se están a ver atrapadas nunha crise coa que nós estamos a ser moi críticos, sobre todo cos últimos motivos da mesma e con cómo se está a xestionar en contra das maiorías sociais e do conxunto da sociedade. Nós somos conscientes das limitacións que temos como Concello á hora de poder confrontar esa crise, pero non renunciamos a facer propostas que poden ser positivas para apoiar a persoas que teñen ideas, talento ou capacidade de innovación para saír adiante no campo laboral”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar