• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | El 2 de febrero conmemoran el día de los humedales con una ruta ornitológica y una charla

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

As Concellarías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo celebrarán o día mundial dos humidais con varias actividades e co obxectivo de dar a coñecer e divulgar o valor ecolóxico que posúe a ría. Horacio Cupeiro sinalou que “unha  calidade ambiental que fixo posible converter a ría nun refuxio para multitude de aves procedentes moitas delas do norte de Europa”. A conmemoración iniciárase ás 10 da mañá cunha ruta de iniciación á ornitoloxía pola ría de Ribadeo guíada por Enrique Sampedro autor do blog ría de Ribadeo. O edil de Medio Ambiente dixo que “iremos en autobús e faremos varias paradas para observar os paxaros que neste momento invernan ou paran para alimentarse na súa ruta migratoria”.  Para participar na ruta será preciso apuntarse previamente na oficina de Turismo  directamente ou chamando aos seguinte número de teléfono 982 128 689. Haberá un total de 25 prazas. O mesmo 2 de febreiro pola tarde a partires das 18:30 horas terá lugar unha charla sobre a importancia ornitolóxica de Ribadeo e a presentación do libro ¿Para qué sirven las aves? a cargo de Antonio Sandoval Rey, que é escritor, divulgador ambiental e socio fundador da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Horacio Cupeiro anima “a que a xente acuda a esta cita. Noutras ocasións xa fixemos algunha ruta similar, que resultou ser un auténtico éxito porque a xente disfruta moito da cantidade de aves que hai na ría”. Coa celebración desta xornada o Concello de Ribadeo quere promover o desenvolvemento sostible, baseado na conservación da biodiversidade que habita nestos espazos, conservar os seus valores naturais así como aproveitar a oportunidade de poñer en valor a súa riqueza natural de cara a favorecer dinámicas de turismo sostible que supoñan unha mellora de vida nas condicións de vida das persoas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo