También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

RIBADEO | Este viernes a las 20:00 horas nueva edición de un encuentro orquestal

O auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este venres, 25 de xaneiro, ás 20.00 horas un concerto de alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino musical da provincia baixo o nome de Encontro Orquestral. Na actuación participará alumnado das escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e máis do Centro de Música de Fingoi (Lugo). Baixo a dirección de Xan Carballal, arredor de 70 alumnos e alumnas interpretarán obras de Fiocco, Sibelius e Hindemith. Éste será o segundo concerto deste encontro logo do ofrecido a pasada semana no Círculo das Artes de Lugo.