• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Las actividades del primer trimestre ya están listas

"Ribadeo Emprende" programa para propiciar la cultura emprendedora de la juventud ribadense

Las concejalías de desarrollo local y juventud en Ribadeo ponen en marcha el programa “Ribadeo Emprende” con el objetivo de promocionar la cultura emprendedora de la juventud. Las primeras actividades se desarrollarán el sábado 22 de febrero

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

A edil de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, dixo que “hoxe en día máis que nunca precisamos de xente que mobilice, colabore, aproveite recursos, reinvente unha nova realidade, que innove, cree novas fontes de traballo e para isto o Concello quere promover un clima capaz de crear as mellores condicións na mocidade para que se anime a emprender e o fagan o mellor posible e teñan unha maior garantía de éxito”. A concelleira nacionalista indicou que “para emprender temos que contar coas mellores condicións, habilidades, coñecementos, temos que ser capaces de aproveitar recursos e potenciar o networking, impulsar a  innovación e a creatividade.  Por elo dentro de Ribadeo Emprende traballaremos: a creatividade e a innovación, a confianza e a motivación, a aprendizaxe a través da colaboración e a creación de alianzas, a formación e o coñecemento, todas elas características para propiciar un emprendemento con éxito. Tentaremos axudar á nosa mocidade a dar os recursos para reinvertar o noso arredor”.  Primeiro trimestre Pecha Kucha. Este é un formato de presentación rápida, que se levará a cabo o 22 de febreiro na Casa da Xuventude, e no que se no que se presentarán iniciativas emprendedoras que aúnan creatividade e desenvolvemento do territorio. Van participar experiencias empresariais , a meirande parte de Ribadeo, coma: Tenda – Bar A Modiño, El Farero Audiovisual, Pizzería-Raxería Pizzbur, Hola Ola, Chocolates Moreno e Forestales Monra. Ana Martínez subliñou que “queremos desenvolver esta experiencia porque se conxugan 3 ingredientes importantes para propiciar o proceso de emprendemento: formación, encontro e motivación. Formación porque aprenderemos da experiencia dos emprendedor@s de Ribadeo que presentarán os seus casos, Encontro porque é unha reunión na que  se abrirán as portas ao coñecemento mutuo entre as persoas e a crear posibles redes de traballo, e Motivación colectiva, que tanto precisamos e que a través de condensar nunha horas varias experiencias positivas, gañamos confianza en que podemos facelo”.   A seguinte actividade do primeiro trimestre deste 2013 será un debate aberto:  Emprendemento Asumible, o 22 de marzo na Casa da Xuventude. A edil de Desenvolvemento Local dixo que “traeremos outras experiencias emprendedoras que nos axudarán a abordar directamente a cuestión do emprendemento e do autoemprego na mocidade e que se poida falar das partes boas e malas do termos; das dificultades que existen, pero tamén da motivación e do empoderamento cidadán que pode provocar unha corrente emprendodra, nao que a través das experiencias doutr@s emprendedores, aprenderemos sobre a actitude, a creatividade e a innovación, entre outras cousas”. E para o 22 de abril está previsto un Obradoiro de innovación social. “Tentaremos neste caso sembrar motivación e alternativas para o futuro  inmediato da mocidade, a través da descuberta  activa de experiencias actuáis en todo o mundo aorredor da emancipación social, cultural e económicas dos mozos/as”. Unha aposta polo talento e a innovación Pola súa banda o concelleiro de Mocidade manifestou que “desde a área de Mocidade nós participamos neste Ribadeo Emprende convencidos de que lonxe do que se está a facer hoxe en día, que é unha aposta pola austeridade e polos recortes como única receita fronte á crise, o que é conveniente é apostar polo talento, pola innovación e pola formación das persoas. Eu creo que só a partir deses tres eixes poderemos empezar a construír unha economía nova e diferente. Nese sentido nós estamos convencidos de que este programa, Ribadeo Emprende, vai ser positivo, pode aportar cousas á mocidade de Ribadeo, pero tamén somos conscientes dos condicionamentos que ten calquera tipo de desenvolvemento local e de creación de emprego no ámbito local”. Xavier Campos considera que “sería ilusorio pensar que unicamente desde o Concello é posible resolver os problemas de desemprego ou a situación económica xeral. É evidente que son moito máis amplos e que non está nas nosas mans resolver unha situación que a nivel xeral se está evidenciando como terrible e dramática en moitos casos. Os datos económicos, a recesión e o crecemento do desemprego están aí e nós pensamos que teñen causa nas políticas que emanan desde Bruxelas e que están sendo impostas e desenvolvidas, tanto en España como en Galicia, polo Partido Popular”. O edil de Mocidade subliñou que “nós somos ambiciosos, porque pensamos que hai cousas que se poden facer e este Ribadeo Emprende é unha das cousas que pensamos que hai que facer nese camiño, pero tamén somos conscientes das nosas limitacións e polo tanto non queremos tampouco crear unhas expectativas que non sexan realistas. Pensamos  que son actividades que van ser positivas porque van axudar a potenciar ou animar a desenvolver as capacidades da xente nova e non tan nova tamén, nalgúns casos, de Ribadeo”. Ana Martínez e Xaviar Campos amosaron “a nosa mutua alegría por desenvolver un programa conxunto orientado neste caso ao ámbito do emprego. Vai ser unha das primeiras colaboracións, pero haberá máis entre as dúas áreas, de Desenvolvemento Local e Mocidade, porque estamos convencidos de que ista é a maneira na que temos que traballar desde o Concello de Ribadeo”.    

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo