• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | La concejal de turismo, Ana Martínez, valora muy positivamente la promoción realizada en Expovacaciones

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A concelleira de Turismo, Ana Martínez, fai un balance moi positivo de Expovacaciones, a feira que se celebrou en Bilbao do 2 ao 5 de maio e á que Ribadeo acudiu con stand propio de ACISA e do Concello. A edil nacionalista destaca o interese amosado polo público vasco e cántabro por Ribadeo e pola súa gastronomía, pola súa hostalería e pola súa riqueza monumental e paisaxística. Ana Martínez considera que “era moi importante presentar Ribadeo coma destino de proximidade e facelo nun stand propio”. A concelleira de Turismo dixo que “traemos de Bilbao unha moi boa sensación porque na feira percibimos o interese do público vasco e mesmo do cántabro que se achegaron nun número moi alto polo noso stand. Ribadeo aínda que para nada é descoñecido no País Vasco, esperta interese e mesmo se percibe como un destino que moitos dos visitantes teñen coma destino de calidade, si é necesario definilo e presentalo coma un destino de proximidade do que se pode disfrutar fora do que é a tempada alta, nunha ponte ou nunha fin de semana, xa que as comunicacións que antes nos separaban agora nos permiten ese achegamento”. Martínez explicou que “a xente buscou no noso stand coñecer a oferta hostaleira, a gastronómica… O vasco non é un visitante que só se interese pola praia das Catedrais, que tamén, senón que busca máis, é moi selectivo en canto ao que busca para o seu ocio e para as súas vacacións e polo tanto penso que é moi interesante para o aproveitamento turístico e económico do noso concello”. A edil nacionalista sinalou que “pola proximidade espertaron tamén moito interese os Soños gastronómicos, que se ofertan dentro do Ribadeo de tapeo, que presentamos hoxe mesmo, con eses descontos en hoteis e rutas de tapeo alternativas para visitantes de curta estancia. Foi moita a xente que buscaba lograr un premio desas dez noites de hotel e de experiencias gastronómicas coas que se agasallaba desde varios establecementos hostaleiros ou eses dous vales de 100 euros que Acisa sorteu para vir, gastar e disfrutar en Ribadeo”. Para Ana Martínez “estas xornadas foron moi importantes xa que a nosa presenza dentro do que era o stand de Turgalicia se atopaba bastante diluída e desde logo presentar e vender Ribadeo turísticamente coas ganas, coa paixón e co cariño co que o fixeron as técnicas de turismo que desde o Concello e desde Acisa presentaron Ribadeo aos visitantes nin se sabe nin se pode conseguir desde un stand máis global”.      

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar