• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | EL CCA y Joyería Carreira protagonizan "La semana do teu comercio" una campaña organizada por la Xunta para rendir homenaje a los establecimientos más longevos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Centro Comercial Aberto de Ribadeo e Xoiería Carreira protagonizan desde hoxe e ata o 3 de marzo A semana do teu comercio, unha campaña organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta para render homenaxe aos centros comerciais abertos e aos seus establecementos tradicionais mais lonxevos.

No caso do Centro Comercial Aberto de Ribadeo o elexido foi Xoiería Carreira, un clásico da vila, que botou a andar no ano 1932. A día de hoxe a empresa segue en mans desta saga familiar. A tenda estivo ubicada sempre na rúa Reinante, primeiro no nº 7 e desde o ano 2004 no nº 4. Xoiería e óptica compartiron local durante 63 anos ata 1995. Nese momento a familia Carreira abriu un novo local tamén na rúa Reinante, 15, adicado en exclusiva á graduación da vista e ao despacho de gafas graduadas e de sol, lentes de contacto, aparatos ópticos, audífonos, etc.

Jesús Carreira González, Jesús Carreira Braña, Mª Concepción Alonso e Lucía Carreira Alonso son os membros das tres xeracións dun dos establecementos comerciais con máis historia de Ribadeo. Xoiería Carreira continúa, despois de 80 anos, coa venda de xoias e reloxos das máis variadas marcas, así coma as últimas novidades en prata e aceiro.

A reportaxe íntegra do Centro Comercial Aberto de Ribadeo e de Xoiería Carreira pode verse na seguinte páxina web http://www.portaldocomerciante.blogspot.com.es/

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar