• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | El BNG organiza una jornada sobre la puesta en valor de la Playa de las Catedrales con la participación de la comisión europea

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, organiza unha xornada para abordar medias e propostas para preservación e a posta en valor da Praia das Catedrais, -referente ambiental e turístico de Galiza-, na que participará a Comisión Europea coa presenza da responsable da Dirección Xeral de Natureza e Biodiversidade, Pía Bucella. Esta xornada, ten lugar como continuación do encontro que o pasado mes de xuño mantivo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, no Parlamento Europeo, coa presenza de técnicos e responsables en materia de medio ambiente tanto da Comisión como da Eurocámara, no que tamén estivo presente a directora xeral, que agora se despraza ata Ribadeo para coñecer in situ a Praia das Catedrais e a súa problemática, tendo en conta que se trata dun lugar de interese comunitario  (LIC). A xornada, abertas ao público, incluirán a participación do Executivo da UE a través da directora xeral, da eurodeputada Ana Miranda, o alcalde de Ribadeo así como expertos en medio ambiente, ecoloxistas e responsables políticos das distintas Administracións, co obxectivo de formular propostas e sumar esforzos arredor dun espazo emblemático do Concello de Ribadeo, e que tamén é unha icona natural de referencia para Galiza. Durante a xornada está prevista unha visita á Praia das Catedrais pensada para que a responsable da Comisión Europea teña un coñecemento directo deste LIC que, en temporada de verán, recibe ata 6.000 visitantes ao día e supón unha fonte de riqueza fundamental para o Concello de Ribadeo. "O obxectivo desta xornada é que os responsables de Medioambiente do Goberno comunitario valoren de primeira man a importancia que este espazo ten para Ribadeo en termos medioambientais e económicos, e axude a sumar esforzos a favor da súa preservación e posta en valor", salienta Ana Miranda.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar