También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

RIBADEO | El BNG organiza una jornada sobre la Playa de Las Catedrales, será el jueves de 9:30 a 14:00 horas

De 

Desde o BNG de Ribadeo queremos convidar a todas e todos os ribadenses que estean interesados no futuro da praia das Catedrais a que participen na xornada aberta que o xoves 14 de febreiro organizamos no Parador de Turismo durante toda a mañá, de 9.30 a 14 horas. Nesa xornada contaremos coa presenza da Directora Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, a italiana Pia Bucella, e coa eurodiputada do BNG no Parlamento Europeo Ana Miranda. A xornada terá como obxectivo debater cal debe ser o modelo de xestión que un elemento como As Catedrais precisa de cara ao futuro, coa idea de preservar medioambientalmente o entorno e, ao tempo, desenvolver con intelixencia e de maneira sostible as potencialidades económicas e turísticas que As Catedrais atesoura.

Lo más visto