• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | El Ayuntamiento pone en marcha un Banco de Libros de Texto. Los interesados en beneficiarse deben presentar solicitud del 7 al 18 de julio en Servicios Sociales

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Por terceiro ano consecutivo o Concello de Ribadeo ten en marcha a campaña de recollida para o banco de libros de texto. A concelleira de Servizos Sociais subliñou que ademais do factor económico “o obxectivo da iniciativa pasa por fomentar entre os máis novos valores como a solidariedade, o respecto ao medio e o uso correcto dos libros”. A edil Teresa González Piñeira subliñou que “por terceiro ano consecutivo o Concello de Ribadeo pon en marcha o programa de banco de libros de texto. Esta iniciativa xurdiu motivada principalmente para intentar paliar a tremenda situación laboral e económica que están a soportar moitas familias e que se ve agravada polos sucesivos recortes sociais que vimos padecendo. Con todo, somos conscientes de que a capacidade  das administracións locais é moi limitada, pero tamén sabemos que é a nosa obriga intentalo”. A concelleira de Servizos Sociais dixo que “alén do factor económico, consideramos necesario fomentar entre a poboación máis nova valores como a solidariedade (doando de maneira altruísta material que xa non se precisa), o respecto ao medio (reutilizando e reducindo o consumo innecesario e prescindíbel) e o uso correcto dos libros (intentando na medida do posible non escribir neles nin rompelos)”. González Piñeiroa sinalou que “dada a boa acollida que esta proposta tivo, non só no noso municipio senón tamén fóra, continuamos ampliando o noso fondo de libros. Segundo a información que nos achegaron as direccións dos centros de ensino, do Ceip Gregorio Sanz valerán os libros de 4º e 6º de primaria e do colexio Sagrado Corazón os de 3º, 4º, 5ºe 6º de primaria que seguen vixentes do curso 2013-2014. Entón recolleranse os libros de dos niveis indicados  de educación primaria e secundaria”. O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo non participa nesta iniciativa porque conta co seu propio banco de libros. A campaña do banco de libros de Ribadeo desenvolverase en dúas fases: ata o 4 de xullo todas as persoas que o desexen poderán proceder á entrega de libros de texto en bo estado. E do 7 ao 18 de xullo as persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poderán presentar a solicitude para a obtención e uso dos libros de texto dispoñibles. Teresa González inicia que “os dous trámites faranse no auditorio municipal, sede dos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, en horario de 9 a 14 horas. Mediante esta adxudicación se pretenderá, na medida do posible, que todas as persoas doadoras se vexan tamén beneficiadas deste préstamo”. A concelleira de Servizos Sociais lembra tamén que “todos as persoas que durante este curso que agora remata contaron con exemplares do banco de libros de texto do Concello, que procedan á súa devolución o antes posible”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar