• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | La Asociación de Vecinos O Tesón ha celebrado la asamblea anual para hacer balance y aprobar los presupuestos del 2013

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Nela tratouse un resumo do ano pasado e o que se pretende neste ano de 2013. Os puntos fundamentais foron os seguintes: En canto as contas, houbo uns gastos de 849 € por un montante de 940 € de entradas, acumulando en caixa case 100 € respecto á contabilidade do ano pasado, e tendo en ambos casos conta dos datos a 31 de decembro. No resumo de 2012, apuntouse que a Felicitación de Nadal foi feita como unha lembranza tanto da actividade recente como da próxima, e pasouse a desmenuzar temas diversos. En relación ó concello, seguimos sen ter regulamento de participación cidadá, nin polo momento está previsto para un tempo próximo, polo que movímonos e seguiremos movéndonos nese sentido. Fíxose, dentro das nosas posibilidades, seguemento de diversas actividades do concello. Apúntase que, debido ó soporífero dos plenos e o perfil das respostas ás nosas preguntas, que se dan ó final (e non sempre), non se seguiu a preguntar de xeito continuado, se ben si se fixo preguntas nalgún pleno. En relación con iniciativas e entidades coas que temos relación, sobre a Residencia, informou José Mª Rodríguez do estado da cuestión, e apúntase que polo momento, non se reactivou a mesa de asociacións para que a comisión sobre a residencia tivera as menos interferencias posibles, se ben agora xa vai sendo tempo de reactivala. Representantes da asociación asistiron a diversos actos de varias entidades, como por exemplo, para facer o seguemento da baixada de prestacións e posibilidades da área de saúde na Mariña, do que deu informe Pancho Campos. Asemade, falouse da situación actual da loita por ter o Xulgado, así como das vidrieiras e do nome da ría. En canto a actividades sociais, deuse informe da viaxe a Mondoñedo, o que, actuando José Mª como guía, resultou moi ben, levando este ano un bus e avaliando de xeito positivo tamén este feito. Coméntase o éxito comedido do 2º ciclo de cineclub, que levou por título 'novelando a presión social', e estivo constituído pola exhibición de catro películas con temática relacionada coa presión á que se ve sometida a sociedade e a súa resposta.: La Ola, Potemkin, Un mundo feliz e Network. As memorias foron aprobadas por unanimidade. Presentouse despois o orzamento e o programa de actividades. En relación ó primeiro, temos: Entendendo que a retirada de fondos se refire a fondos de reserva, e esperando que as comisións bancarias podan estar por debaixo dos 100 euros presupostados. O orzamento, resumido, tamén inclúe a recepción de cartos por libros: Farase un libro con cartas sobre a ría de Ribadeo, que será presentado o 16 de marzo, e do que se fan máis exemplares que socios por crer que é d einterese xeral. En canto a actuación para o 2013, en liñas xerais, preténdese continuar coa mesma liña que se ven mantendo, plantexando asemade actividades sociais como unha viaxe social arredor da época estival e varios paseos pola veciñanza da vila, como a ruta dos castros costeiros (Louselas, Grobas, Fornelos), e a ruta do ferrocarril, necesitando ambas aínda de algo máis de investigación para a súa proposta definitiva. Xunto co anterior, e os temas aínda no tinteiro dende hai tempo, tentarase que a asociación se poda facer cargo dos novos problemas que vaian xurdindo. A programación foi aprobada por unanimidade.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2