A A. C. Francisco Lanza celebra o Día das Letras Galegas cunha función a cargo dun dos monologuistas galegos máis importantes da actualidade: Celso F. Sanmartín traerá ao escenario do Teatro de Ribadeo “Contos que non falten”, onde se recrea o cotián desde a tenrura e a retranca. Será o xoves, 16 de maio, ás 21.00 h, no Teatro, e a entrada será gratuíta. Tamén ese día as librarías colaboradoras repartirán con cada exemplar en galego que se compre un caravel vermello e un marcapáxinas, que este ano homenaxea a figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.