También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo | El ayuntamiento ha solicitado el traslado al otro lado de la ría

Reubicarán la carpintería de ribeira en San Ciprián para garantizar su continuidad

El alcalde de Cervo, Alfonso Villares, aprovechó el viaje a FITUR para reunirse con la subdirectora general de dominio público marítimo-terrestre, Raquel Orts, para plantearle la idea y solicitar que permita el traslado del astillero cara al otro margen de la ría, donde se encuentra una edificación destinada al Museo-Carpintería de Ribeira

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente e Turismo, Begoña Alonso reuníronse coa subdirectora xeral de Dominio Público Máritimo-Terrestre, Raquel Orts. O encontro, mantido nas dependencias do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, tiña o obxectivo de presentarlle á subdirectora xeral un proxecto de reubicación da actual carpintería de ribeira que se atopa próxima á praia do Torno, en terreos da Dirección Xeral de Costas. Un proxecto a través do cal dita carpintería se trasladaría a unha edificación existente que se atopa ao outro lado da ría e que no seu momento xa fora plantexada como Museo-Carpintería de Ribeira, atopándose sen a penas uso na actualidade. Con este cambio de situación conseguiríase conservar o oficio e garantir a continuidade dunha tradición centenaria a través do único carpinteiro de ribeira que segue activo na vila e en toda a provincia de Lugo. Ao mesmo tempo, tamén se  ampliaría e embelecería a fachada marítima. Para facer efectiva a reubicación sería imprescindible a execución de obras de remodelación e de redistribución dos espazos que permitan ao artesán, Francisco Fra Rico, desenvolver a súa actividade de reforma e construción de embarcacións. Ditas obras estarían encamiñadas a  distribuír os espazos de acordo ás necesidades dunha carpintería de ribeira, como é o caso da apertura dunha grande porta central que permita a saída dos barcos de grande envergadura. O alcalde e a edil explicáronlle á subdirectora xeral a importancia de garantir esta actividade artesanal que está desaparecendo. Os representantes locais tamén destacaron o valor o valor histórico, patrimonial e cultural deste estaleiro, o máis antigo de Galicia.  No documento presentado por Villares e Alonso, o Concello solicítalle ao Ministerio de Medio Ambiente a través da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar que permitan que o Museo-Carpintería de Ribeira se utilice para este fin tendo en conta que é necesario acondicionar a edificación e, ao mesmo tempo, que manteñan a concesión ao actual artesán para continuar desenvolvendo o seu oficio ao outro lado da ría. Unha iniciativa que conta co beneplácito de Francisco Fra Rico, que mantén activo o estaleiro. Cabe destacar que esta carpintería, con máis de 200 anos de historia e sete xeracións ininterrompidas de artesáns, forma parte do proxecto Rutas de Artesanía na Mariña Lucense a través do cal os turistas e visitantes poden percorrer a comarca visitando os obradoiros artesanais asentados na comarca, de forma que estes talleres e oficios actúan como foco de atracción turística. De feito Fra Rico e o seu estaleiro foron protagonista en Fitur, onde se amosou o seu traballo a través dun vídeo. Co traslado ao outro lado da ría e co acondicionamento dos espazos, o estaleiro converteríase nun museo vivo que vería melloradas as súas instalacións con respecto á ubicación actual, co que se conseguiría ampliar a súa capacidade de dinamización do turismo. O rexedor explica que este proxecto “busca principalmente asegurar o mantemento da actividade da carpintería de ribeira como oficio artesanal e tradicional case en extinción en Galicia e que forma parte da nosa historia como pobo”. O estaleiro da familia Fra “é un símbolo de San Ciprián, e nas lembranzas dos veciños ben seguro que hai algunha botadura dun barco feito alí, coas súas mans, as do seu pai ou do seu avó” engade Villares. Por estes motivos, e sen esquecer o beneficio que suporía para o sector turístico, “dende o Concello avogamos por reforzar a carpintería de ribeira, un apoio que pasa por conseguir dignificar o oficio de artesán cunhas instalacións de calidade nas que, ademais de traballar a madeira, o carpinteiro poida trasladar á sociedade o valor dun oficio artesanal amosando en vivo o seu traballo real”.

Lo más visto