• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Campos dice a Balseiro "que deje de comportarse como un Hooligan"

El responsable local del BNG exige respecto para el alcalde, Fernando Suárez

El cruce de declaraciones entre el alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, y el diputado del PP, José Manuel Balseiro, por la escuela taller o las inversiones de la Xunta, lleva al responsable de los nacionalistas en Ribadeo, Xavier Campos, a pedir la popular que “deje de comportarse como un Hooligan y exige respecto para el alcalde”. Campos pregunta por la colocación del presidente de la gestora del PP en Ribadeo, Jesús López Penabad, como director de la escuela taller de Alcoz y Valadouro.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Desde o BNG de Ribadeo vémonos na obriga de responder novamente ás declaracións irrespectuosas dun dos voceiros do PP, o señor Balseiro, que onte se refería ao alcalde de Ribadeo sinalando que tiña unha “obsesión case enfermiza” coa Xunta. Diante desta nova saída de ton, manifestamos: Esiximos a Balseiro que deixe de comportarse como un hooligan e comece a referirse co respecto e educación ao noso alcalde e ao resto dos representantes políticos escollidos polo pobo ribandense. Convidamos ao señor Balseiro a que explique nos medios ás e aos ribadenses que papel xogou el e o seu partido no feito de que a Xunta deixe a Ribadeo sen Escola Taller pero en cambio coloque ao responsable do PP de Ribadeo, López Penabad, como director da Escola Taller de Alfoz e Valadouro. Denunciamos as formas e a falta de xustificación real pola que a Xunta denega a Ribadeo a Escola Taller. Todo nos leva a pensar que existe detrás desa decisión unha clara intencionalidade política de castigo a un pobo que deu a maioría absoluta ao BNG e sentou novamente ao PP na oposición. Consideramos este tipo de comportamento completamente deleznable e antidemocrático e estamos seguros de que o pobo de Ribadeo non aceptará a chantaxe como forma de facer política.  Polo demais, comezamos a pensar que Balseiro ten dificultades serias para comprender o significado das palabras e que, polo tanto, se excede nos seus comentarios por simple ignorancia e inconsciencia sobre o que di. Ou iso ou directamente é un maleducado e un hooligan dedicado ao politiqueo máis deplorables, cousas ambas que teñen moito que ver coa opinión negativa que a maioría da sociedade ten hoxe sobre a actividade política representada por persoas coma el. Insistimos unha vez máis: pódese ser firme nas convicción sen necesidade de ser maleducados nas formas, pódese traballar a prol dos proxectos nos que un cre sen necesidade de atacar gratuitamente aos demais. No PP de Ribadeo e da Mariña semella que o esqueceron, e dá a impresión de que non lles viña mal un seminario de bo comportamento e de boa educación.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar