• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | Fernández Manín pasa a ser primer teniente de alcalde

Reestructuración en el Gobierno Local con la entrada de Ánxel Paleo que llevará cultura, deportes y festejos

El alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, ha anunciado como quedará el gobierno municipal después de la entrada en la corporación del nuevo concejal del PP, Ánxel Paleo, que se ocupará de las delegaciones de Cultura, Deportes y Festejos. Pedro Fernández Manín, hombre de experiencia en política, será el primer teniente de alcalde.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Castiñeira explicou que “unha vez recibidas as credenciais dos novos concelleiros tanto do Partido Socialista como do Partido Popular decidíronse as novas áreas do equipo de goberno. Despois do cese de Manuel Pavón, que era o primeiro tenente de alcalde e tiña ás áreas de Sanidade e Servizos Sociais, coa entrada de Ánxel Paleo houbo que reorganizar todas as áreas para adaptalas as cualidades e a dedicación de cada concelleiro”. O rexedor municipal deu a coñecer que “a nova distribución queda da seguinte maneira: como primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín, home de experiencia e actual concelleiro de Medio Rural e que vai quedar con esta delegación; segunda tenente de alcalde, Mercedes González, que antes estaba nas áreas de Cultura, Deporte, Festas, Muller e Xuventude e agora collerá as que tiña Manuel Pavón, posto que como farmacéutica e profesional sanitaria creo que é a persoa máis axeitada e levará a área sanitaria e a de Asuntos Sociais e quedarase tamén con Muller e Xuventude; como terceira tenente de alcalde, Mayte López Rego, que era e seguirá sendo a concelleira de Medio Ambiente, Comercio e Economía; e a novidade é que Ánxel Paleo, que se integra ao novo grupo será o cuarto tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Deportes e Festexos. Este será o grupo de goberno que estará aí durante estes próximos anos no Concello de Foz”. Castiñeira valora este novo goberno de maneira “moi positiva” e comentou que se trata de “aproveitar a veteranía de Pedro Fernández Manín no ámbito político, porque xa no seu momento foi portavoz do grupo popular na oposición, para exercer de primeiro tenente de alcalde, ese oco que deixou Manuel Pavón. E aproveitar sen dúbida a ilusión, as ganas de traballar e o sacrificio dunha persoa, que así o ten demostrado en moitos ámbitos da súa vida, como é Ánxel Paleo, unha persoa moi activa e eu creo que vai facer un traballo moi bo nas áreas de Cultura, Festexos e Deportes. Dende logo esta reestruturación vai afectar moi positivamente tamén á área de Asuntos Sociais, posto que Mercedes é unha persoa que está no mundo sanitario e dos asuntos sociais e como muller tamén ten moito que facer nesta concellería”. “Estamos moi contentos con esta reestruturación e con moitísima ilusión. Esperemos que os cidadáns tamén o vexan así”, manifestou o alcalde de Foz.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar