• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | El PP pide explicaciones al regidor local

Que gestiones ha hecho el alcalde para seguir con el GRUMIR

La portavoz de los populares mindonienses, Elena Candia, quien registró una moción para debatir sobre el tema, pide explicaciones a Orlando González, alcalde de Mondoñedo, sobre las gestiones hechas hasta el momento en lo relativo a la puesta en maerch de un nuevo plan de emergencias donde están implicadas las administraciones local, provincial y autonómica. La portavoz popular asegura que el regidor municipal debe dar respuesta y cumplir con sus responsabilidades “implicándose en la garantía de que Mondoñedo mantenga el GRUMIR”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, pídelle ao rexedor local, o nacionalista Orlando González, que dea explicacións das xestións feitas ata o momento no relativo a posta en marcha do novo Plan de Emerxencias no que, segundo quedou deseñado no Protocolo Xeral firmado entre a Xunta e as Deputacións, as Deputacións colaborarán coa Xunta e cos gobernos municipais na posta en marcha dun Plan Integral de Asistencia ás Emerxencias. En relación a isto, Elena Candia, esíxelle ao rexedor local que rectifique nas súas declaracións nas que a achaca de mentir, xa que a reestruturación do Plan de Emerxencias non vén imposto por ningún partido político. A popular explica que o funcionamento dos novos parques de bombeiros, un servizo que o Grupo Popular agradece, conleva cambios no mapa de emerxencias. Así, puntualiza a popular que neste proceso de reestruturación colaboran tanto as Deputacións, como os gobernos municipais e a Xunta de Galicia. A portavoz popular asegura que un rexedor municipal debe ser quen de dar resposta e cumprir coas súas responsabilidade, involucrándose na defensa dos mindoniense. Deste xeito, a moción rexistrada polo Grupo Municipal Popular procura a involucración do equipo de goberno local co obxecto de adiantarse e tentar traballar para que neste proceso de reestruturación Mondoñedo non se vexa afectado. A popular explica que a moción do PP é unha proposta de traballo a seguir que o rexedor local pode aceptar ou non, pero independentemente disto Orlando González non se debe esquecer as súas responsabilidades, asumindo as súas funcións de goberno. Ante isto, Candia pídelle que defenda a súa xestión e que dea conta das actuacións acometidas neste senso, no caso de existir. Elena Candia asegura que o seu PP local está a traballar e colaborar para acadar proxectos para Mondoñedo, como foi o caso do obradoiro de emprego. Porén, a voceira explica que este traballo non suple ao que debe emprender un rexedor local, polo que lle pide que non esqueza o seu acometido e dea conta das súas xestións.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE