• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

El PSOE votó en contra de la aprobación del PGOM burelés que contempla 60.000 metros cuadrados para ampliar el Hospital

El equipo de gobierno ha manifestado que el PSOE no está legitimado para hablar de la ampliación del Hospital “fundamentalmente porque el documento del PGOM que tenían preparado cuando gobernaron en Burela, no había un solo metro para la ampliación del Hospital”, también votaron en contra de las alegaciones presentadas al Plan General, donde se incluía una del Sergas demandando más alturas en el suelo rotacional reservado para el Hospital. El Grupo de Gobierno asegura que “quien está a apostar por el Hospital es el PP”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Os populares lembran que o socialista Alfredo Llano prometeu ata en dúas ocasións un investimento de 7 millóns de euros xa Xunta bipartita para o hospital da Costa e “non se investiu un só euro”.  Desde o equipo de goberno aseguran que “os socialistas non recollían no PXOM máis superficie ca actual. No documento aprobado polo PP, co voto en contra do PSOE e do Grupo Mixto, hai máis de sesenta mil metros cadrados adicionais, para garantir a ampliación, para garantir o aparcamento cómodo e para garantir a ubicación en definitiva de máis e mellores equipamentos sanitarios”. E engaden que “quen está apostando decididamente pola ampliación do hospital de Burela é o PP, para escarnio dos socialistas, que non foron capaces de gastar nin un euro, e que durante o bipartito Touriño-Quintana calaron a boca sobre a ampliación, sobre os galpóns, que xa os había daquela, e sobre outras cousas, porque algúns membros da plataforma estaban ocupando cargos importantes e polo tanto tiñan bos soldos, ou traballaban pouco ou nada”. Para o goberno burelés, “resulta unha broma de mal gusto ver ao señor Llano na foto da Plataforma. Este señor está a xustificar os máis de cincuenta mil euros  anuais que cobra da Deputación, pero resulta que este mesmo señor Llano prometeu por dúas veces, no  pleno da Corporación de Burela, un investimento de sete millóns de euros no hospital da Costa por parte da Xunta bipartita, e resulta que ese investimento quedou reducido a cero euros”. Desde o equipo de goberno tamén se refiren á concentración do pasado sábado, “resulta sorprendente que o PSOE, logo dos antecedentes citados, se alíe con grupos de violentos. Por iso algunha persoa destacada do PSOE burelés estaba na concentración insultando e ameazando aos membros do PP de Burela. Acontece que o PSOE está que rabea porque non sabe gañar nas urnas o que quere gañar nas rúas, sen darse conta de que a concentración non lles cumpriu as súas expectativas. Tanto é así que de seguir por esta vía e por esta liña de confrontación, o PSOE seguirá perdendo apoios, porque os cidadáns normais non están pola labor da violencia verbal e física que exerceron algúns membros do PSOE burelés o pasado sábado”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo La Linterna de la Iglesia

La Linterna de la Iglesia

Irene Pozo

Escuchar
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar