• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

El PSOE no apoya las mociones del PP sobre el Hospital da Costa ni el encauzamiento del Río Perdouro

En el pleno celebaerado por la corporación burelesa han aprobado una moción presentada por el equipo de gobierno sobre el Hospital da Costa y el anteproyecto para el encauzamiento del Río Perdouro. El alcalde, José María González Barcia, cuestiona la actitud del PSOE y considera que “queda bastante claro quien defiende el Hospital y quien está por montar lios exclusivamente políticos”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

O rexedor contou que “no pleno celebrado hoxe pola mañá aquí, en Burela, foi aprobada unha moción do grupo municipal do Partido Popular en relación co Hospital da Costa. Para que non quede dúbida do texto da moción, esta di claramente o seguinte, que os acordos que se adoptan son: primeiro, garantir a continuidade dos servizos, unidades e consultas existentes no Hospital da Costa, de Burela, e incluso desenvolver cantas xestións e esforzos sexan necesarios para incrementalos e potenciar a súa calidade asistencial; no segundo punto nós pedimos que non se modifique o actual mapa sanitario do Sistema Público de Saúde na provincia de Lugo, de tal xeito que se manteña a área sanitaria da Mariña e incluso reforzala, xa que logo o xerente executivo desta área terá baixo a súa responsabilidade non só o centro hospitalario senón tamén os centros de atención primaria da área; e terceiro, levar adiante de inmediato a ampliación do Hospital da Costa co fin de adaptalo á actual demanda asistencial, á mellor prestación para os pacientes e á realización do traballo dos profesionais con seguridade e calidade”. Para González Barcia “isto demostra claramente o compromiso que o Partido Popular de Burela, que o Partido Popular da Mariña, en definitiva o Partido Popular de Galicia, ten co Hospital da Costa”. Ao alcalde burelés resúltalle chocante que “o Partido Socialista votase en contra desta moción no pleno do Concello de Burela, onde tamén hai uns meses votou en contra do plan xeral de ordenación municipal onde se planifica a ampliación do Hospital da Costa. Co cal eu creo persoalmente que queda bastante claro quen defende o hospital e quen está por defender outras cuestións ou quen está por montar liortas de forma exclusivamente política”. Río Perdouro Na sesión plenaria desta mañá tamén se aprobou, “iso si, cos votos exclusivamente do Partido Popular, o anteproxecto de encauzamento do río Perdouro. E resulta ata certo punto absurda a postura adoptada polo Partido Socialista, que se abstivo na votación deste anteproxecto, que evidentemente, como moitas cousas, é o inicio do camiño que vai permitir no seu día, cando esta obra sexa realizable, unir a zona do Perdouro coa da gardería, encauzando o río Perdouro. Pois estes señores abstéñense e acúsannos de que non somos capaces de planificar o futuro de Burela. Pois mire, nosoutros estamos precisamente sentando as bases para planificar o futuro de Burela e alguén ten que arrancar. Seguramente esta obra non se vai facer nin en dous nin en tres anos nin, ao mellor, nin en cinco nin en seis, pero é certo e evidente que se non nos poñemos con ela loxicamente non se fará nunca”. José María González Barcia lembrou que “cando no seu día algún responsable político pensou en, por exemplo, canalizar o río Burela alguén lle chamou tolo. Hoxe esta canalización é unha realidade e permitiu que Burela sexa o que é. E tamén cando no seu día algún político pensou en facer o ensanche de Burela, é dicir toda a urbanización das rúas novas, hai aproximadamente 45 anos, alguén tamén lle chamou tolo a aquela persoa por pensar que iso era factible. Hoxe en día tanto unha actuación, a canalización do río de Burela, como a outra, o ensanche de Burela e as rúas novas, son unha realidade e permitiron que Burela sexa o que é”. O alcalde sinalou que “en definitiva, nosoutros estamos por sacar adiante ou por planificar proxectos que o día de mañá sexan realizables e que sirvan para garantir precisamente o desenvolvemento do noso pobo. E o encauzamento do río Perdouro aparece no plan xeral de ordenación municipal de Burela, que foi aprobado inicialmente hai algo máis dun ano e que conta co informe favorable de Augas de Galicia. Resulta realmente sorprendente que o Partido Socialista, unha vez máis, se preocupe de faroliñas, das flores e de cousas que o único que pretenden é precisamente esquecernos do esencial, que é planificar o futuro do noso concello e sentar as bases para que corporacións futuras leven adiante esas actuacións e para que, en definitiva, poidamos asentar aquí poboación e postos de traballo”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar