También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

El PSdeG denuncia el estado que presentan las pistas de tenis de A Marosa

Con la llegada de la época estival muchos vecinos se animan a hacer actividad deportiva, en los últimos días un buen numeor de aficionados al tenis se han dirigido al PSOE  para darles las quejas del estado en que se e ncuentran las pistas municipales de A Marosa. Pistas por las que hay que pagar para su utilización.
  • cope.es
  • cope.es

Dende o PSdeG-PSOE solicitan que o Concello se poña de unha vez as pilas e as arranxe ante as dificultades que presentan na actualidade. Cabe recordar que para poder usar estas instalacións hai que pasar por caixa e aboar a taxa municipal que o “desgoberno” do Partido Popular decidiu no seu día aplicar para o uso de estas instalacións, entra logo dentro da lóxica, esixir que estas instalacións estean en bo estado de uso. Outra das queixas que trasladan os usuarios destas instalacións é o sistema de reserva das pistas, xa que se ten dado o caso no que algún dos usuarios, e despois de facer a reserva pertinente, se atopa que ó ir a recoller a chave das pistas ás dependencias municipais non hai chave para abrir as pistas. Estes feitos demostran unha vez máis a falla total e absoluta de interés por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular polo deporte, a non ser para sacar a foto, e non con todos, xa que temos que recordar que ó equipo de baloncesto feminino do Baloncesto Burela que logrou o ascenso de categoría non foi nin recibido por parte do Concello ó igual que se fixo con outros equipos que conseguiron éxitos deportivos, entendemos que sería porque non habería tanta foto na que saír. E dicir, se non conseguimos auto bombo nada de nada. Os socialistas esixen do goberno do PP que se tomen cartas no asunto e se solucionen as deficiencias denunciadas, e mentres non se solucionen estas deficiencias non se cobren as taxas. Piden ós responsables do Partido Popular de Burela que se deixen de tanto viaxe e excursións que non lle solucionan absolutamente nada ós veciños e veciñas de Burela, nada máis que gasto, e se centren en solucionar o día a día dos veciños e veciñas e en solucionar os problemas que ten o pobo.

Lo más visto

  • El Html Mod no se ha encontrado