• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Los socialistas lamentan el absoluto silencio de la Xunta

El PSdeG defenderá el área sanitaria de Burela ante el "desmantelamiento" que prepara el PP

Los socialistas advierten de que el área integrada única que el Gobierno gallego quiere aprobar para Lugo concede capacidad por ley a la Xunta para eliminar servicios del Hospital de la Costa y abre la puerta a la privatización de la sanidad. Los representantes del PSdeG quieren contar con los colectivos y los vecinos conocedores de la situación para apoyarlos y defender los servicios hospitalarios, por eso tendrá una reunión el próximo martes con representantes de SOS Sanidade Pública de la Costa

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Os deputados autonómicos pola Mariña e Lemos, José Ramón Val e Vicente Docasar, e o secretario de Sanidade do PSdeG na provincia de Lugo, Miguel Rodríguez Lois, anuncian que o partido organizará accións conxuntas para defender as áreas sanitarias de Monforte e Burela que se extenderán tamén a iniciativas nos concellos, na Deputación e no Parlamento. Os socialistas advirten de que a área integrada única que o Goberno galego quere aprobar en Lugo “dálle capacidade por lei á Xunta para eliminar servizos” dos hospitais da Costa e Lemos, algo que xa vén sucedendo noutros lugares onde se implantou este sistema. Por outra banda, abre a porta aínda máis á privatización da sanidade e “é un novo golpe para as zonas rurais que fomenta o despoboamento”, xa que permite os traslados indiscriminados de pacientes a outros hospitais da provincia. Os representantes do PSdeG-PSOE en Lugo lamentan “o absoluto silencio da Xunta” ante as súas reiteradas preguntas para que expliquen cales son os seus plans para as áreas sanitarias, e critican que “parece que a decisión a teñen xa tomada, coma sempre, de xeito unilateral, ás agochadas e pasando o rodillo da maioría absoluta sen escrúpulos”. Os socialistas queren contar cos colectivos sanitarios e cos veciños coñecedores da situación para apoialos, escoitar a súa opinión e defender os servizos hospitalarios. Por iso, ante a decisión do Goberno do PP de implantar unha soa área integrada para que os hospitais dependan de Lugo, que xa parece inminente, reuniranse o vindeiro martes con representantes de SOS Sanidade Pública das áreas da Costa e Lemos. O PSdeG lembra que a defensa destas áreas é un compromiso xa adquirido en campaña e recorda que “o PP incumpre unha vez máis as promesas feitas en época electoral, cando se comprometeu a mantelas, e volve enganar os veciños”. Os socialistas xa advertiran en datas pasadas que na memoria dos Orzamentos correspondente a Sanidade, a Xunta afirma: “No 2013 continuaremos coa implantación das estruturas de xestión integrada, unidades de xestión clínica e coa incorporación de novos procesos asistencias integrados”, nun apartado que agocha claramente esta decisión. A isto súmanse as “cifras ridículas” de tan só 17.241 euros prevista para a dotación do hospital de Monforte nos Orzamentos da Xunta, e as dúas partidas de 50.000 e 36.800 euros para o hospital de Burela, “claramente insuficientes para darlle á cidadanía uns centros dignos”, e que “son unha proba evidente do desmantelamento que pretende o PP e dos plans de futuro que teñen para estes centros sanitarios”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar