También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

El proyecto teatral de la Diputación "Buxiganga" trae 29 representaciones a la costa de Luogo

El vicepresidente de la Diputación, Antonio Veiga, presentó la squinta edición de los circuitos teatrales “Buxiganga”, una iniciativa puesta en marcha por el área de cultura con la intención de potenciat el teatro en todas sus vertientes, fomentar el empleo del gallego y cumplir una importante función de cohesión e integración social.

O número de grupos participantes nos circuítos vese incrementado respecto a anteriores edicións, cun total de 30 grupos de teatro, seis máis que na pasada edición, e deses seis, tres son da Mariña: o grupo Xoldra, de Mondoñedo, coa obra “Fonda Lurditas”, o TeatroCrea, de Viveiro, coa posta en escena de “Butaca 16”, e o colectivo Ollomao, de Barreiros, que recupera a obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse”, e que aproveitou para representar un fragmento desta peza durante o acto de presentación. Estes tres novos colectivos, únense aos 7 que xa participaron na pasada edición dos circuítos Buxiganga: A Adala, de Fazouro; Ardora, de San Cibrao; Axóuxeres, de Vilaronte; O Batán, de Cangas de Foz; O Bordelo, de Cervo; Raiolas, de Alfoz; e o Grupo de Teatro de Ribadeo; de maneira que dos 30 grupos participantes, 10 pertencen á comarca da Mariña, o que permite que se suban ao escenario un total de 117 actrices e actores mariñaos. Deste xeito, configúrase un calendario con un total de 29 representacións na comarca a cargo de diferentes colectivos teatrais da provincia, e 24 actuacións que os grupos mariñaos porán en escena en distintos puntos da provincia. Durante a súa intervención, o vicepresidente do ente provincial explicou que “observando os datos concluímos que A Mariña é a comarca onde o programa ten máis éxito tanto polo número de grupos como polo de espectadores, posto que na pasada edición as representacións da comarca foron vistas por 2.400 espectadores, dos 6.000 que se rexistraron a nivel provincial. Nestes tempos de recortes e tesoiras, o teatro na Mariña vai a máis en todos os ámbitos grazas ao decidido apoio da área de Cultura da Deputación de traballar coa xente de a pé”. “Por iso – continuou Veiga- queremos animar ás veciñas e veciños de toda a comarca a que vaian ao teatro aínda máis. Os circuítos deste ano ofrecen unha variedade moi ampla que de seguro serán do seu agrado. Podemos ver teatro de adulto, infantil, pezas cómicas, tráxicas, teatro costumista ou dun perfil máis contemporáneo ou propostas que mesturan o teatro con outras disciplinas artísticas, pero sobre todo moito humor e moita risa nuns tempos onde algúns queren mexar por nós. A crítica social tamén estará presente, como non podía ser doutro xeito, nestes circuítos”. Ao igual que na pasada edición, as representacións teatrais puideron ser solicitadas tanto por concellos como por asociacións culturais e veciñais, tendo que facerse cargo do 20% do caché dos grupos, gasto que poden financiar cobrando ata dous euros simbólicos en taquilla, mentres que a Área de Cultura da Deputación financia o 80% restante. Tamén se mantén o caché dos grupos de teatro afeccionado de maneira que os grupos de ata cinco persoas cobrarán 300 euros por actuación, os grupos de entre seis e oito persoas cobrarán 500 euros por actuación, e os grupos de máis de nove persoas, 850 euros, a menos que un grupo realice o tope de 3 funcións, que pasarán a cobrar 250, 450 e 800 euros, respectivamente. Tralo acto de presentación, representantes dos distintos  grupos de teatro afeccionado da comarca mantiveron unha xuntanza co vicepresidente da Deputación para valorar como están a funcionar os circuítos postos en marcha a través do Proxecto Buxiganga na comarca e para propoñer novas iniciativas que se poidan levar a cabo.  

Lo más visto