También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mondoñedo |

Proponen crear una sala de exposiciones en el Centro Histórico de Mondoñedo para fomentar el turismo

Los populares mindonienses han registrado una  moción donde solicitan habilitar un espacio de usos múltiples, ubicado al lado de la oficina de turismo, en el primer piso de la Biblioteca Municipal, como una sala de exposiciones. Un espacio que entienden está “desaprovechado”. El sábado 8 de junio los populares participaran en las jornadas de turismo, enmarcadas en el ciclo de mesas sectoriales que se planificaron en la comisión de economía creada por la Consellería de Industria y de la que forma parte el Grupo Popular Municipal.
  • cope.es
  • cope.es

O Partido Popular, dentro da súa liña de traballo que ten como un dos obxectivos principais potenciar o turismo na localidade, rexistrará para o seu debate na próxima sesión plenaria municipal unha moción na que instan ao Concello de Mondoñedo a que habilite o espazo de usos múltiples, ubicado ao carón da oficina de turismo, no primeiro andar da biblioteca municipal, como unha sala de exposicións. Os populares consideran que esta sala de usos múltiples, localizada en pleno casco histórico, trátase dun espazo inmellorable e idóneo onde, segundo explican dende o partido, se poderían presentar exposicións itinerantes sobre Mondoñedo, mostras de mozos artesáns ou mesmo elementos de gran valor para os veciños. Dende o PP explican que a sala de usos múltiples está desaproveitada e sen funcionalidade clara, polo que sería necesario a súa optimación e estudar proxectos que lle puidesen dar uso a este espazo e convertelo nunha sala de exposicións. Esta xestión “trataríase dunha actuación prioritaria para a localidade co único fin de reactivar o turismo local e máis tendo constancia da existencia de iniciativas de persoas privadas con disposición a facer doazóns de elementos de gran atractivo e valor turístico para a localidade”. Así o explicaron dende o PP local ao tempo que aseguraron que Mondoñedo é unha localidade cun enorme atractivo turístico que “se debería saber potenciar a través de iniciativas impulsadas pola administración local” ao tempo que engaden que “o municipio dispón de localizacións idóneas que poderían albergar proxectos que se convertesen nunha boa carta de presentación para Mondoñedo”. Ante este feito, os populares consideran que é o momento de actuar e de  “adoptar decisións que incluso sen custe” permitan dinamizar a localidade Traballo a prol do fomento do turismo local Os populares emprenderon unha liña de traballo na procura da reactivación do fomento do turismo local, así participarán tamén mañá sábado nas xornadas sobre turismo, enmarcadas no ciclo de mesas sectoriais que se planificaron na comisión económica creada pola Consellería de Industria e da que forma parte o Grupo Popular Municipal. Así, dende o PP seguen a ofrecer un pacto en turismo e traballo en conxunto co bipartito local que repercuta nun fin común: “a reactivación de Mondoñedo”. Neste senso, os populares votaron a favor dun plan de turismo, pese a que o consideraban mellorable, en algúns aspectos; mentres que o bipartito votou a favor da iniciativa plenaria presentada polo Grupo Municipal do PP na última sesión plenaria e na que instaron ao equipo de goberno a que cumpriran coas conclusións obtidas na mesa de traballo organizada o pasado 27 de abril sobre o sector turístico. Así, nesta iniciativa plenaria o Concello de Mondoñedo comprometeuse a realizar as xestións oportunas para reforzar a oficina de turismo; a aproveitar as novas tecnoloxías e a crear un portal web da localidade e por último; a coordinar un horario operativo e eficaz con todas as entidades implicadas no turismo local, como son empresarios privados e as institucións relixiosas, xestoras de gran parte do patrimonio cultural (catedral, museo...). O PP local seguirá moi cerca que o bipartito local cumpra cos compromisos asumidos e polos que pode pasar a reactivación do turismo local, así segue a ofrecer a continuidade dese “medio” pacto en turismo, que se podería evidenciar coa votación a favor por parte do bipartito da iniciativa para a creación dunha sala de exposicións.