También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela |

El PP propone la creación de un Patronato Municipal de Cultura

Según el alcalde y candidato a la reelección, José María González Barcia, el objetivo de este patronato será “implicar a todos en la programación cultural del Ayuntamiento y dinamizar las fiestas populares”
El PP propone la creación de un Patronato Municipal de...
El PP propone la creación de un Patronato Municipal de Cultura

No transcurso da reunión, que tiña como obxectivo explicar o contido do programa electoral do PP para os vindeiros catros anos, Barcia anunciou a creación dun Patronato Municipal da Cultural, “no que terán cabida todas aquelas asociacións que queiran libremente incluirse, e que terá como obxectivos fundamentáis, por un lado, a elaboración dunha programación cultural municipal na que todos e cada dos colectivos que teñan algo que mostrar (teatro, baile rexional, música, etc.) poidan facelo dentro dunha programación estable; e por outros, buscar a potenciacións das festas populares a través dunha máis ampla colaboración entre os colectivos”. Ademáis, segundo o actual alcalde e candidato á reelección, “desde o Patronato Municipal de Cultura estableceranse as prioridades en materia de xestión de recursos”. Durante a reunión, Barcia afirmou que a intención do seu partido “é continuar dotando de locáis ós colectivos que non o teñen, e tamén incrementar as subvencións económicas na medida en que a situación económica do concello o permita”. González Barcia deixou claro que o seu partido “ofrece aquelo que sabemos que podemos facer; deixaremos de lado as promesas imposibles de cumplir ou as propostas demagóxicas e electoralistas que algúns farán”. Finalmente, José María González Barcia agradeceu “a masiva asistencia de representantes dos colectivos e asociacións culturáis á reunión, unha das reunións con colectivos máis concurridas que tén celebrado o PP, e eu xa estiven en varias”. Deste xeito, e a falta de reunións puntuáis con ANPAs, sector do mar, ACIA, e O Vencello e a Comunidade de Montes, o PP de Burela dá por pechada a segunda e última ronda de xuntanzas con colectivos e asociacións, “reunións que contaron con bastante asistencia de membros das asociacións, como se tén demostrado coa que acabamos de citar”.

Lo más visto