También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

El PP pretende seguir en el 2014 dotando de salarios encubiertos a los ediles sin dedicación exclusiva ni parcial, según denuncian desde el PSOE

Los socialistas han denunciado en varias ocasiones esta manea de actuar del gobierno del PP y “pedimos explicaciones pero nunca hay respuesta, algo más que sospechoso” En poco más de un mes y medio que llevamos del 2014, un total de siete Juntas de Gobierno cuando lo acordado en pleno es una cada quince días

O Concello de Cervo segue celebrando Xuntas de Goberno ó mesmo ritmo que estes últimos anos, en pouco máis de mes e medio “xa podemos recontar un total de sete Xuntas. Parece que neste 2014 seguiremos dotando ó concelleiros que asisten a elas e non perciben adicación exclusiva nin parcial dun salario encuberto”, subliñan dende o Grupo Municipal Socialista. Os socialistas veñen denunciando esta maneira de actuar do equipo de goberno do PP de Cervo durante toda esta lexislatura, “cada asistente ás Xuntas recibe por cada unha delas 150 euros, a unha media 40 anuais suman un total de 6.000 euros que veñen a equiparar ás adicacións parciais. Xa no 2011 acordamos en pleno que se celebrarían dúas ó mes, sobre 24 ó ano, é moi curioso que estes últimos tres anos teñan que dobrar esta cifra. Ou a previsión do traballo non é a axeitada ou efectivamente están a pagar salarios encubertos a certos edís”. Vistos estes feitos, consideran esta actitude como un completo engano ós veciños, “non podemos entender que esta sexa a forma de actuar do noso goberno, non parece transparente nin xustificable. De feito, pedimos en varias ocasións explicacións e qué casualidade que, ou non tivemos resposta ou sempre desviaron o tema de maneira que non se contestou realmente á nosa dúbida. Sinceramente, é máis ca sospeitoso”. Máis salarios e Balseiro ausente En canto a salarios, o Concello de Cervo debe moitas explicacións, alomenos esa é a impresión dos socialistas, “ademais destes soldos encubertos a certos edís, seguimos pagando 1.900 euros mensuais a unha persoa que firma como xefa de prensa, pagamos a outra persoa por realizar labores de coordinación que poderían asumir técnicos do propio concello e tamén temos un gasto importante contando con varias persoas que realizan traballos noutras instalacións. Non acaban de entender que o noso municipio con apenas 5.000 habitantes non pode asumir todos estes gastos”. Por último, subliñan que “é destacable tamén das Xuntas de Goberno que o tenente de alcalde, José Manuel Balseiro, das sete celebradas só asistiu a dúas. O que demostra o que lle ocupan e lle preocupan os temas do Concello e os veciños de Cervo”.