• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Preparan un rebacheo en las calles más deterioradas para antes de las fiestas patronales

El alcalde, José María González Barcia, junto con el concejal de obras, Manuel Fernández Valle, y técnicos municipales han repasado las calles de Burela para afrontar un rebacheo en las zonas más deterioradas.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

González Barcia manifestou que “a dureza do inverno deixouse sentir no estado das rúas; pero aínda que a situación xeral das mesmas non é mala, hai zonas que si teñen certo deterioro, e sobre as que hai que actuar de cara ó verán”. Así, o alcalde indicou que “as actuacións máis urxentes serán acometidas antes das festas patronais, e as que poden agardar quedarán para despois”. O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, precisou que as “actuacións inmediatas serán nas rúas O Río na intersección con Arcadio Pardiñas; algúns tramos de Eijo Garay; Alvaro Cunqueiro e da Avda. da Mariña”. Fernández Valle engadiu que “xa no verán, actuaremos noutros puntos da rede viaria local. O estado xeral do firme das rúas do noso concello non é malo, pero hai zonas moi castigadas pola intensidade do tráfico, o que xunto co rigor do inverno que acaba de rematar fai necesario que se actúe para evitar unha maior degradación”. Finalmente, González Barcia manifestou que “a xestión do bipartito,  dous anos despois, segue a deparar sorpresas, e non precisamente agradables. Esto era a casa de tócame, Roque, porque se gastaron os cartos alegremente e agora resulta que hai infraestruturas que non funcionan, porque se fixeron e nunca chegaron a usarse ou non se mantiveron con xeito. En próximos días teremos pechado un estudio sobre estas cuestións e daquela será o momento de falar”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo