• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | No son capaces de generar ilusión

Preocupación en el PP por la "inseguridad" que genera el grupo de gobierno ante los problemas

Los populares mindonienses exigen del regidor local, Orlando González, que asuma sus responsabilidades ya que parece que el equipo de gobierno tiene asumido que “contanto los problemas, piensa que ya son de ellos”. Incluso asemeja que el alcalde sóo se di dica a portar el bastón de mando en la procesión de los Remendios, porque ante los problemas se escuda en el teniente alcalde, Modesto Díaz, del PSOE.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Ao Partido Popular de Mondoñedo preocúpalle a inseguridade que está a xerar o equipo de goberno que ante calquera problema non se amosa capaz de xerar unha solución. “ A falta de proxecto e incapacidade de xestión” que está a amosar o bipartito á hora de resolver os problemas locais, é “lamentable”,  asegurou a portavoz local, Elena Candia, a raíz dun novo desprendemento que afecta a parroquia de Sasdónigas e que está a ameazar unha ruta escolar na localidade. Ante esta situación, a portavoz popular demanda maior explicación do rexedor local, o nacionalista Orlando González. “Asemella que a autoridade do señor alcalde se está a cinguir a aportar o bastón de mando na procesión dos Remedios”, lamentou a popular, ao tempo que critica que o nacionalista “sempre desaparece ante os problemas escudándose no tenente de alcalde do PSOE , xerando desta maneira, “inseguridade na cidadanía e amosando que ao frente do goberno local están persoas que non saben resolver os problemas”.  Neste senso, o PP esíxelle ao rexedor local que asuma as súas responsabilidades para solventar de maneira eficaz este tipo de situacións, xa que a popular lamenta que ao parecer o equipo de goberno cre que “contando os problemas, estes pensan que xa non son deles”. Dado isto, os populares lamentan a imaxe que se poda estar a dar agora dende Mondoñedo, froito dun goberno que xera inseguridade e que se amosa incapaz de resolver situacións e máis ante unha problemática que, tendo en conta a climatoloxía e a orografía na localidade, sempre se sufriu na localidade. A popular referiu a existencia de máis de aspectos e de temáticas distintas que evidenciaron unha falta de implicación e incapacidade dun goberno que abandona aos veciños Así, o bipartito mindoniense dado o seu compromiso asumido debe ser quen de dar unha resposta resolutiva aos veciños afectados e acadar obxectivos que redunden no beneficio colectivo, asegura a popular. Segundo explica a voceira, este proceso de traballo asumido non pasa simplemente por dar conta ante os medios do acontecido, ao tempo que Candia traslada a sorpresa do seu partido ante que o bipartito que “tanto se ofende e pide unión”, facilite información antes aos medios sobre o orzamento do vial de acceso de Orxal a Pausalido (Argomoso) que ao propio partido ganador das eleccións municipais”. A voceira popular lembra que o propio rexedor local, logo de que un técnico da Xunta visitara o lugar, asumiu en pleno o compromiso de informar á oposición sobre esta situación, que de novo, lamenta a popular, incumpre.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar