• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Preocupación en el BNG ante la incertidumbre que se abre sobre el futuro de los fondos del Museo Provincial de Lugo

Los nacionalistas bureleses muestran su preocupación tras el fallo del Tribunal Supremo sobre lo que puede suceder con los fondos del Museo. El BNG quiere trasadar su apoyo a la Diputación, esperans que no primen los intereses económicos y que las exigencias de los herederos tengan en cuenta el valor que estas  piezas tienen para Lugo. La portavoz del BNG, Neves Cando, recomienda al Alcalde, que “se  preocupe más por el estado en que se encuentra el patrimonio artístico y arqueológico, en lugar de llamar la atención en Lugo sobre aspectos que descuida en su propio ayuntamiento”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A colección de ourivería castrexa, na que destacan o Carneiro Alado de Ribadeo e o Torques de Burela, constitúe un dos principais atractivos do museo e a súa desaparición suporía unha perda irreparábel. O torques de Burela, unha das xoias da cultura castrexa podería irse de Lugo, co que iso significaría para o noso legado cultural e tamén no plano simbólico e sentimental para os veciños e veciñas de Burela. Neste sentido, o BNG de Burela quere trasladar o seu total apoio á Deputación Provincial na necesaria vía de diálogo que se abre tras o fallo do Tribunal Supremo. Así o fixo saber tamén a portavoz municipal do BNG, Neves Cando, na xunta de portavoces que tivo lugar o pasado día 17. Neves Cando afirma que “imos dar o noso apoio á Deputación para que se poda chegar a un punto de encontro cos herdeiros e que deste xeito se garanta a continuidade dos fondos do museo”. Esta foi tamén a postura manifestada desde a área de Cultura da Deputación, para que o legado de Álvaro Gil permaneza no Museo Provincial, tal como era a súa vontade. Agardamos, do mesmo xeito, que non primen os intereses económicos nunha cuestión deste tipo e que as exixencias dos herdeiros teñan en conta o valor que estas pezas teñen para Lugo e para toda a provincia. O patrimonio arqueolóxico é un ben cultural de interese xeral que debe de estar ao servizo de toda a cidadanía, que é en último termo a que sustenta e fai posíbel a súa conservación. Por outra banda, non compartimos a instrumentalización que o PP está a facer deste asunto, cando falan de “sacar esta cuestión do debate político”. O Partido Popular non está lexitimado para despolitizar este asunto e menos para exixir responsabilidade política algunha, cando foi precisamente o goberno do PP na Deputación de Lugo o responsable directo da mala xestión dos fondos do museo e causante das consecuencias en que derivou o litixio cos herdeiros de Álvaro Gil. En 24 anos de goberno provincial, o PP foi incapaz de xestionar e dar solucións ao patrimonio depositado no Museo Provincial e de aí que hoxe chegásemos a esta situación, nunha problemática que arrincaba no ano 2000. O goberno provincial do momento foi incapaz de normalizar a natureza xurídica do convenio da cesión do legado de Álvaro Gil. Tamén queremos recomendarlle ao Sr. González Barcia que debera de preocuparse máis polo estado no que se encontra o patrimonio artístico e arqueolóxico en Burela, e deixar de chamar a atención en Lugo sobre aspectos que descoida no seu propio concello. A día de hoxe non sabemos absolutamente nada sobre o hipocausto de Castrelo e as pinturas murais da Vila do Medio continúan esmorecendo sen que desde o Concello se tome ningún tipo de medida que aseguren a súa conservación.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2