• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El PP pregunta a Besteiro si considera suficiente la consignación asignada para finalizar las obras de un vial en Riotorto

Los populares hacen esta pregunta, sobre la obra de Marco de Álvare-A Rodrigas, por la existencia de informes que hablan de un importe pendiente de ejecución superior al presupuestado. Según el PP el informe valor unidades de obra pendientes de ejecución por un total de 612.099 euros mientras que un inforem de intervención consta la existencia presupuestaeria de 575.108 euros para dar finalización al proyecto; lo que indica que la obra restante por ejecutar lleva 36.990 euros menos de presupuesto que debería. Para Elena Candia, portavoz del GPPP; los datos “son manifiestamente contradictorios” por eso quieren conocer cuales son las razones que  provocan esta diferencia numérica.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

O Grupo Provincial do Partido Popular vén de rexistrar unha pregunta plenaria dirixida ao presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, na que se interesan pola suficiencia da cantidade consignada para adxudicar a parte da obra pendente de realizar do proxecto Marco de  Álvare –As Rodrigas (Riotorto), logo da rescisión do anterior contrato debido a situación concursal da empresa adxudicataria. Os populares piden explicacións a Gómez Besteiro tras ter acceso a datos incongruentes que evidencian que a contía recollida en orzamento para sacar a licitación a parte da obra non executada é inferior a contía pendente de executar.  Feito, que segundo os populares, pon en dúbida unha vez máis a continuidade e posible resposta positiva aos veciños en relación a un proxecto, cuxa primeira adxudicación data do ano 2007. Os datos aos que tiveron acceso os populares reflexan que o importe executado da citada obra, segundo o director técnico, é de 355.068,96 euros, dun total de 967.167,98 –importe de adxudicación-. O que quere dicir que quedan pendentes de executar, segundo o técnico que fai a valoración, un total de 612.099,03 euros. Sen embargo, á hora de elaborar o proxecto necesario para sacar a licitación a parte da obra non executada, o mesmo técnico recolle no orzamento do proxecto un total de 575.108,52 euros. Tendo en conta que quedaban pendentes de executar 612.099,03 e se consigna 575.108,03; a contía orzamentada é inferior, o que indica que a obra restante por executar leva 36.990,50 euros menos de orzamento do que debería. Ante esta situación os populares pregúntanlle a Gómez Besteiro polas explicacións que motivan esta diferenza e ínstano a que garanta a suficiencia da contía para finalizar a obra. Baixa no prezo de adxudicación Os populares explican que a esta situación se lle suma que o prezo inicial do proxecto era de 1.033.000 euros, e que se reduciu a un importe de adxudicación no ano 2011 de 967.167,98 euros como consecuencia da baixa realizada pola empresa adxudicataria e o incremento do IVE ao 21%. Co cal os populares analizan que, se se parte deste orzamento para valorar a obra pendente de executar e se pretende volver a sacar a concurso en dito prezo, as empresas deberán realizar unha baixa ao contrato sobre a baixa realizada pola primeira empresa ao proxecto inicial. Polo tanto, os populares pregúntanse de novo se é suficiente a contía orzamentada. Unha obra chea de datos contraditorios Os populares amosan a súa máxima precaución ante esta situación de datos manifestamente contraditorios e máis logo de ter acceso a informes que evidenciaban que se pode estar ante un suposto moi grave de posible pagos de obras sen executar Neste senso, o Grupo Provincial do Partido Popular lembra que leva tamén a pleno outra pregunta plenaria en relación a esta obra na que solicitan explicacións sobre o informe técnico interno ao que tiveron acceso os populares no que se reflexa un desfase do 50% entre as unidades de obra certificadas e as realmente executadas na obra de Marco de Álvare-As Rodrigas (Riotorto). Os populares piden unha resposta rápida para os veciños Os populares piden a maior premura e axilidade co obxecto de darlles unha resposta frutífera aos veciños de Riotorto que están a espera de que se remate unha obra que fora adxudicada no ano 2007, resolvéndose este primeiro contrato no 2010 por demora da Deputación á hora de levar adiante o procedemento pertinente. As citadas obras adxudicáranse novamente o 25 de febreiro de 2011, cun prazo de execución de 6 meses, mentres que, tras rescisión contractual debido á situación da empresa, en xunta de goberno de 14 de xuño de 2013, lévase a proposta en relación co expediente tramitado para a contratación da obra “Riotorto-Proxecto modificado nº1 Marco de Alvare –As Rodrigas, terminación”. Os populares explican que os veciños están a espera de que se remate unha estrada prioritaria para o municipio de Riotorto, por ser a que soporta maior número de tráfico diario e ser o único enlace coa capital lucense.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar