• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro |

Portos de Galicia invertirá 150.000 euros para ampliar y mejorar la Cofradía de Pescadores de Celeiro

El presidente del ente  público, José Juan Durán, visitó las instalaciones y aprovechó para  presentar el proyecto de la reforma de toda la planta baja de la cofradía. Habilitarán un local multiusos, un almacen y una base  técnica y operativa; el plazo de ejecución de los trabajos es de dos meses.

José Juan Durán delante de los planos con las obras a realizar

José Juan Durán delante de los planos con las obras a realizar

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Portos de Galicia investirá 150.000 euros na ampliación e mellora do edificio da confraría de pescadores de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro. O presidente do ente público presentou esta mañá o proxecto da actuación nunha visita á zona acompañado polos representantes da comunidade portuaria, nomeadamente o sector profesional, demandante da actuación. En concreto, a petición da confraría ampliarase os espazo dispoñible no inmoble para dotalo dunha sala de atención ao público e dun local multiusos onde celebrar reunións formativas e informativas, así como outros actos. Así mesmo, habilitarase un almacén, unha base técnico operativa e aseos. A actuación executarase conformando unha forma de L no inmoble, situándose nun dos brazos da L a zona de atención ao público e, no outro, a sala multiusos. Entre ambos, como articulación, ubicaranse os aseos. Dado que se trata dunha actuación nun edificio construído en 1923 e de grande representatividade no porto de Celeiro, deseñouse unha intervención respectuosa co edificio exsitente e mantendo, na medida do posible, a arquitectura da edificación. Respéctanse tamén o acceso actual á confraría e ao acceso á nova zona sitúase enfrontado ao existente, de xeito que se favorece unha entrada resgardada e con garantías de accesibilidade. Dentro do edificio, prevese o pintado dos espazos de arquivo, almacén e despacho, ademais da recuperación das ventás de fachada en consonancia co resto da edificación. Polo que respecta ás superficies interiores, o mostrador de atención ao público contará con 14 metros cadrados; a zona de uso público con 51 metros e a sala multiusos con 71, conformando un total de 146 metros cadrados de ampliación. As obras de remodelación do edificio deron comezo esta mesma mañá e o prazo de execución previsto é de dous meses.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar