• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El pleno convalida los cambios introducidos en el PGOM, ahora se va de nuevo a la Xunta

Los cambios realizados han sido requeridos por el ente autonómico y han sido aprobados por unanimidad de los grupos municipales. Fernando Suárez senaló que el nivel de endeudamiento del ayuntamiento está en el 35%, cifra que se sitúa muy por debajo de lo permitido por la ley y anuncia que solicitará de la Diputación el arreglo de las vías de titularidad provincial que se encuentran en mal estado.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 27 may 2017

O alcalde, Suárez Barcia, anunciou que o Concello unirase ao recurso contra a reforma da administración local e provincial impulsada polo goberno do Estado hai uns meses. Barcia subliñou que “non queremos condenar á poboación de Ribadeo a non ter as mesmas posibilidades que tivo ata agora”. O rexedor explicou que “neste pleno ordinario que celebramos esta noite pasada foron asuntos de importancia para Ribadeo, entre outros esta validación por parte do pleno destes cambios que tivemos que producir no plan xeral de ordenación municipal a requirimento da propia Xunta, segundo os escritos que nos mandou tempo atrás. Tivemos que actualizar aspectos dende o punto de vista técnico e formal. De aí que unha vez feito todo ese traballo laborioso e tedioso agora a unanimidade dos compañeiros da Corporación, de todos os grupos, validou todo iso e de maneira inmediata será enviado novamente á Xunta para que siga o seu proceso de aprobación definitiva, que é o que lle falta. Esperemos que sexa canto antes pero ao non corresponder ao Concello de Ribadeo ese acto, senón á Xunta de Galicia, non podemos dicir cando vai ser ese proceso. Pero si podemos dicir que estamos en lugares, en estadios inéditos, pois nunca a Corporación Municipal de Ribadeo chegara tan lonxe no intento de aprobar un urbanismo de todos e para todos”. Desmantelamento do 065 No pleno tamén se aprobou unha moción, so cos votos do goberno municipal, “para pedirlle á Xunta a paralización do desmantelamento do servizo de transporte adaptado, do 065, e que se garanta á súa vez o desprazamento regular das persoas dependentes e a mobilidade das persoas con maiores dificultades. Digo isto porque agora mesmo estase desmantelando todo ese servizo e diso son ben conscientes os usuarios e os seus familiares, mesmo do centro de día, ou país de persoas con discapacidade que ata agora estaban indo a centros dependentes pero agora ou ben se lles reduce de maneira total ou brutal este servizo que tiñan á súa disposición e teñen que buscarse a vida como poidan. Volvemos ver como o goberno da Xunta nesta materia para aforrar ataca directamente aos servizos sociais e ás persoas máis desfavorecidas e máis necesitadas”, manifestou Suárez Barcia. Reforma local e provincial O alcalde ribadense relatou que “outra das propostas que se trataron onte foi esta que queremos formular dende o Concello de Ribadeo, xunto con outros moitos concellos do Estado, que é un conflito de defensa da autonomía local, unha especie de recurso de inconstitucionalidade contra a lei que aprobou recentemente o Congreso no que ten que ver coa reforma da autonomía local. É esta lei que marca aos concellos, de maneira profundamente inxusta, unha serie de competencias que non poden facer aínda que teñan recursos para elas”. Segundo Suárez Barcia “a partir desta lei, que entrou en vigor hai escasamente dous meses, hai determinadas funcións que os Concellos, entre eles Ribadeo, estábamos facendo e agora teoricamente, coa lei na man, non podemos facer. Estoume referindo a servizos sociais, a igualdade, a que Ribadeo teoricamente non pode ter unha escola de música porque non é unha competencia propia dun Concello desta entidade ou cousas que están tan de actualidade como que quizais con lei na man esta residencia que estamos facendo e que queremos xestionala dende aquí non a podamos xestionar nós senón que teña que facelo a comunidade autónoma”. Fernando Suárez subliñou que “nós non queremos condenar á poboación de Ribadeo a non ter as mesmas posibilidades que tivo ata agora e non queremos que teñen diferentes posibilidades que outras persoas que viven en cidades en canto ao acceso a servizos públicos de calidade que dende hai 20 ou 25 anos están aquí á súa disposición. E non nos vale o conto de que se gasta, porque hai aspectos que nosoutros cumprimos dende o punto de vista económico e se temos remanente e aforro positivo e se cumprimos todas as medidas non nos teñen por que acernar a autonomía local. De aí que, xunto con outros concellos do Estado máis grandes e máis pequenos, queremos formular esta especie de recurso de inconstitucionalidade contra esta lei”. Esta moción contou cos votos favorables do equipo de goberno e do PSOE. Situación económica do Concello O rexedor aludiu á situación económica pola que está a atravesar o Concello: “non é a mellor dos mundos posibles, pero é a mellor que tivo o Concello nos últimos anos, sen dúbida, e podo ampliar esa cifra a unha chea deles. Seguimos desde hai tempo tendo aforro positivo, é dicir que entre o que ingresamos e gastamos sempre nos queda diñeiro”. Suárez Barcia subliñou que “o nivel de endebedamento, que antes estaba fixado por lei no 110% dos ingresos ordinarios e que logo se baixou ao 75%, no Concello de Ribadeo está no 35%, aínda que poderíamos chegar ata ese 75. Esta é unha cifra moi baixa de endebedamento e ao mesmo tempo o período de pago de facturas a provedores, aínda non cumprindo co que marca a lei en estrito senso, ten un avance moi notable do tempo que se tarda en pagar aos provedores. Desgraciadamente hai varios anos podíamos pagar a un ano vista, que era unha circunstancia lamentable, e agora a principios deste 2014 toda a débeda de 2013 está pagada a 31 de decembro. Non cumprimos o pago entre 30 e 60 días, estamos un pouquiño por enriba e sempre mellorando. Agardemos que en pouco tempo poidamos cumprir tamén ese criterio tan importante para a economía e para a saúde económica dun Concello”. Mal estado de vieiros provinciais No capítulo de rogos e preguntas falouse do estado dalgunhas rúas de Ribadeo e dos vieiros provinciais. O alcalde dixo que “houbo unha petición dalgúns grupos que está secundada tamén polo goberno municipal. Hai que demandar da Deputación Provincial de Lugo que parte dese diñeiro que dixeron que teñen para amañar as vías provinciais, neste caso de Ribadeo, que o fagan canto antes xa que hai algunhas, mesmo a que vai por detrás do campo de fútbol, a que pasa por Cedofeita, Couxela, etc, que están nunha situación moi degradada e deplorable e constitúen un auténtico perigo para a circulación de persoas e de vehículos”. Fernando Suárez anunciou que “lle cursaremos á Deputación de Lugo un escrito urxente para pedirlle que tome medidas de inmediato. Despois hai unha serie de rúas que tomamos nota en Ribadeo, que se están amañando e aglomerando, e hai que proceder tamén ao tapado dunha serie de fochas, que se fará en canto se poida, pero con celeridade”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar