• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La Playa de Las Catedrales cuenta con una nueva fosa séptica que entrará en funcionamiento en breve

Esta nueva fosa está situada en a proximidad del aparcamiento, donde también tienen previsto la construcción de nuevos servicios públicos una vez se termine el verano. Según Horacio Cupeiro, Concejal de Medio Ambiente, esta nueva infraestructura evitará tener que vaciar a diario la fosa por ser de mayor capacidad. La inversión de unos 10.000 euros ha contado con la financiación de la Demarcación Provincial de Costas.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O edil nacionalista lembrou que “levamos tempo tentando mellorar os aspectos medio ambientais da praia das Catedrais, na parroquia da Devesa. E por fin imos cambiar a situación das fosas sépticas que estaban na parte baixa das escaleiras, pegadas ao regato que pasa por alí. A nova fosa terá unha capacidade de 25.000 litros e estará a uns 100 metros da anterior e a uns 70 do regato, máis afastada do areal e máis próxima á estrada”. O concelleiro de Medio Ambiente explicou que “esta nova fosa permitiranos ter unha marxe de baleirado de tres ou catro días durante o período estival, cando antes isto o tiñamos que facer a diario, así tamén evitaremos a erosión que se produce todos os días ao ir co camión e o cheiro que había na zona, porque no verán cando rebordaba non se podía estar alí”. A fosa é financiada por Costas e ten un custe aproximado duns 10.000 euros, xa foi executada por Tragsa e está a piques de entrar en funcionamento. Cupeiro anunciou que “ademais imos construír uns baños ao lado do aparcadoiro. Estes irán integrados co entorno do monumento natural das Catedrais. Os novos servizos que se farán ao rematar época estival, despois de outubro mais ou menos, farémolos nesas datas para non correr o risco de perder a bandeira azul. A obra será financiada pola Deputación Provincial de Lugo. Despois de moitas loitas e de moito traballo conseguimos a dotación orzamentaria para levar adiante todo isto e así conseguiremos que os baños e concentración humana que se da alí ao lado das escaleiras cambien por completo a problemática existente nunha zona vital, que é a entrada e a baixada á praia das Catedrais”. O investimento neste caso ascenderá a 30.000 euros. Durante os vindeiros meses as dúas fosas, a nova e tamén a que hai actualmente, estarán operativas simultaneamente. Será ata que remate a construción dos novos baños. O edil de Medio Ambiente agradécelle “a Costas que faga fronte ao custe da nova fosa e á Deputación Provincial de Lugo o seu compromiso co desenvolvemento da mellora medio ambiental da praia das Catedrais e do seu entorno”.   

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar