También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

La Plataforma Sanitaria cuestiona los compromisos del PP sobre el refuerzo de servicios con la aplicación del decreto de gestión integrada

El modelo de gestión integrada provincial ya supuso pérdidas de servicios en los hospitales de O Barco y O Salnés. La Plataforma pide a los representantes del PP en la comarca que se pongan al servicio de la comarca y dejen de utilizar con “tanta alegría” el argumento que les manda el partido y el SERGAS.

De 

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña saíu ao paso das declaración emitidas por representantes do Partido Popular na comarca na que afirmaban que co Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial A Mariña sairía reforzada cando a realidade naquelas comarcas onde se aplicou o mesmo modelo esta indicando xustamente o contrario. Dende a plataforma poñen o exemplo do Barco de Valdeorras integrada e dirixida por Ourense que o mesmo día da presentación da nova xerente executiva a Conselleira tivo que xustificar a perda dun especialista de urxencias e un pediatra no Hospital do Barco e acuñou o novo termo de “ambulatorización” que agocha a perda de servizos. Na mesma liña, no Hospital do Salnés en Vilagarcía de Arousa que viu como a nova xerencia integrada dirixida dende Pontevedra ordenou o peche de servizos de neuropediatría obrigando a 200 pacientes ao seu traslado a Pontevedra e a ameaza de peche doutras sub-especialidades.

A PLATAFORMA PIDE AOS REPRESENTANTES DO PP NA COMARCA QUE APARQUEN O ARGUMENTARIO QUE LLES MANDA O PARTIDO E SE POÑAN AO SERVIZO DOS INTERESES DA COMARCA.

Dende a Plataforma pediron aos representantes do Partido Popular na Comarca Mariñá que se poñan ao servizo dos intereses da comarca e da súa veciñanza e menos a facer de correa de transmisión das instrucións do SERGAS xa que isto non é estar á altura das circunstancias, no Partido Popular mariñao neste momento sobra o argumentario partidista e falta coherencia na defensa dos intereses comarcais, “non é de recibo que estes representantes insistan sobre cuestións que a propia realidade desminte en aqueles territorios onde xa se aplicou o modelo de xestión integrada e perderon a súa capacidade de decisión”. Para a plataforma “aqueles que non saiban estar onde hoxe hai que estar deberán dar moitas explicacións cando chegue o momento de xustificar o que outr@s levamos moito tempo denunciando e o tempo vai dando a razón”.

Os alcaldes do PP e os seus responsábeis políticos na comarca seguen enganando á xente con novas promesas que so buscan confundir á cidadanía poñendo por diante os intereses partidistas e as súas propias cadeiras no canto que situarse onde está o sentir maioritario da comarca por contar cunha área de xestión integrada de carácter comarcal.

A REALIDADE CONTRASTA CO DISCURSO DOS REPRESENTANTES DO PP NA MARIÑA QUE CAE POLO SEU PROPIO PESO AO VER O QUE ESTÁ A SUCEDER NO SALNÉS E O BARCO

A plataforma puxo como exemplo as medidas tomadas nas áreas de xestión integrada de Pontevedra e Ourense onde foron integradas as áreas sanitarias do Salnés e O Barco que perderon a súa autonomía de xestión para ser dirixidas dende Pontevedra no caso do Salnés e dende Ourense no caso do Barco. Para a plataforma o discurso dos representantes do PP na comarca cae polo seu propio peso cando vemos a realidade xa que no caso do Salnés unha das primeiras medidas tomadas pola nova xerencia integrada provincial de Pontevedra supuxo o peche do servizo de neuropediatría do Hospital do Salnés en Vilagarcía que obrigou a 200 pacientes a trasladarse a Pontevedra e ameaza de peche doutras sub-especialidades

No caso da área do Barco a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, tivo que xustificar a perda dun médico de urxencias e outro de pediatría o mesmo día que presentaba á nova xerente executiva do Barco alegando perda de poboación e eses mesmo día diante das acusacións d@s profesionais deste hospital comarcal de baleirar a capacidade de ingresos no hospital do Barco acuñou o novo termo de “ambulatorización” como escusa desta redución.

A PLATAFORMA MARIÑÁ ESTARÁ PRESENTE NA MANIFESTACIÓN PREVISTA PARA O SÁBADO 16 EN MONFORTE

Dende a plataforma mariñá anunciaron que están presentes na manifestación convocada para o próximo sábado en Monforte cuxas demandas coinciden coas nosas e fixeron un chamamento a aquelas persoas interesadas en asistir que se poñan en contacto co tlf. 666711962, no facebook da plataforma plataformasanidade.amarina@facebook.com ou no correo electrónico plataformasanitaria@gmail.com Dende a Plataforma non desisten en levar o debate aos concellos da comarca e do conxunto da provincia mediante a presentación de mocións que serán rexistradas nos próximos días.

Lo más visto