También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

La Plataforma Gallega en Defensa de la Enseñanza Pública hará un cierre en la Mariña el lunes 22 de abril

La Plataforma, de la que forma parte CIG-Ensino, ha iniciado este mes nuevas movilizaciones contra la aprobación de la Ley de Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE) y también contra las últimas medidas programadas por la Consellería de Educación, medidas que, según CIG-Ensino, se traducirán en nuevos recortes en la enseñanza pública. El cierre que se va a realizar en la Mariña es en el IES Monte Castelo de Burela.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estase a mobilizar contra o anteproxecto  de LOMCE, para amosar o seu total rexeitamento a unha lei que considera reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e que expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade. A secretaria da CIG Ensino na Mariña, Dores Fernández Abel cualificou a actitude do Conselleiro de Educación de covarde e irresponsable pois “elude defender as competencias que lle corresponden á comunidade autónoma e que invade a LOMCE ao tempo que lle nega á comunidade educativa galega a posibilidade de debater o anteproxecto. Nin sequera terá informe do Consello Escolar de Galiza”. As dúas últimas medidas tomadas pola Consellaría de Educación din claramente que continúan coas políticas de recortes e de deterioro do ensino público. A primeira, a de eliminar  institutos de ensino secundario  (como xa pasara co IES Porta da Auga de Ribadeo e agora fan co IES As Mercedes de Lugo ou o IES Carballeira de Ourense) converténdoos en centros integrados de Formación Profesional co obxectivo de recortar profesorado (que a esta altura ademais non pode concursar para obter un novo destino e vai ser desprazado ou suprimido) e para desviar alumnado a centros privados concertados. E todo isto, como é xa habitual nas decisións de Educación, sen contar para nada coa comunidade educativa (profesorado, anpas, estudantes,…)”. A segunda das medidas é novo decreto de comedores que o conselleiro Vázquez pretende vender como unha medida progresista e de xustiza social unha norma cando suporá todo o contrario.  “Somos a única comunidade de todo o Estado que vai obrigar ás familias a pagar por un servizo necesario para escolarizar ao alumnado que, en moitos casos, ten que usar necesariamente o transporte escolar pola dispersión de núcleos que existe no país e advertiu que máis de 20.000 familias van ter que pagar agora por un servizo que antes era gratuíto e que suporán uns prezos tan elevados que moitas familias pode que non poidan asumir”. “Por iso, hai motivos dabondo para mobilizarse todas as persoas que defenden un ensino público, gratuíto e universal fronte a aqueles que queren acabar con el”,  rematou dicindo Dores.  

Lo más visto