• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | El viernes a las 20:00 horas en la Casa das Letras en Ribadeo

La Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública continúa informando a los mariñanos

La Plataforma acusa a la gerencia del Hospital da Costa de no asumir responsabilidades en la defensa y mejora de los servicios sanitarios en la Mariña. Dicen que “de nada vale asumir el colapso, cuando no exigen al gobierno que cumpla sus promesas” Para la Plataforma el PP está a tiempo de corregir las partidas para evitar problemas en el centro hospitalario

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña continúa co ciclo de actos públicos para informar á poboación da situación da sanidade pública na comarca e a súa progresiva degradación froito de políticas erradas que so buscan transformar nun negocio o que até agora era un sistema exemplar que atendía ao conxunto da poboación sen exclusións. Representantes da Plataforma explicarán a súa actividade o próximo venres 15 de febreiro ás 20:00 na Casa das Letras de Ribadeo e xa advertiron que de non aprobarse correccións nos orzamentos da Xunta para 2013 valoran chamar á poboación mariñá a mobilizarse unha vez mais na defensa da sanidade pública. Dende a Plataforma criticaron “as bágoas de crocodilo” do xerente do Hospital da Costa que ao tempo que “admite o colapso do centro mariñao” non asume a súa responsabilidade como xerente e incluso “colabora nos recortes de persoal e nos reiterados incumprimentos para a súa ampliación.” A Xerencia do Hospital é parte responsábel e cómplice do colapso do Hospital da Costa. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acusou á Xerencia do Hospital das Costa “de ser parte responsábel dos problemas do centro sanitario”, para a Plataforma “non é tolerábel que a xerencia admita o colapso da UCI, Menciña Interna ou Urxencias ao tempo que aplica recortes na contratación de persoal ou cala ante os incumprimentos na ampliación do centro”. “E feito que a capacidade do Hospital da Costa está desbordada, que o persoal sanitario está desbordado ou que cada vez mais pacientes son derivados a outros centros e de nada serven os intentos da dirección hospitalaria por tapar estes problemas con escusas de mal pagador” Para a Plataforma os recortes nas contratacións de persoal executadas pola Xerencia do Hospital da Costa nos exercizos pasados derivan nos brutais recortes orzamentarios para 2013 que se achegan aos 2M€, do mesmo xeito a saturación en determinadas áreas  do centro non son mais que a causa dos constantes incumprimentos do goberno galego para a ampliación do Hospital, a xerencia sábeo e cala mentres o centro continúa o seu proceso de degradación. Parte da solución está na corrección dos orzamentos previstos para 2013, tanto para ampliación como para persoal. Os gravísimos recortes no orzamento para persoal no hospital da Costa non agoiran nada bo para o funcionamento do centro en 2013 e moito menos os 50.000 € previstos para ampliación. Para a Plataforma o PP está a tempo de corrixir estas partidas económicas no debate de emendas aos orzamentos e cumprir dunha vez as súas promesas coa Mariña. Neste sentido anunciaron que farán toda a presión necesaria para lograr este obxectivo e nesta liña non descartou acudir á unha nova mobilización social para forzar ao PP a rectificar a súa actitude. No mesmo sentido dende a Plataforma anunciaron que apoiarán o peche do día 14 no Hospital da Costa contra os recortes salariais e de condicións de traballo e contra o deterioro e privatización da Sanidade Pública. Os actos informativos continuarán este venres 15 na Casa das Letras de Ribadeo. @s representantes da Plataforma anunciaron que o próximo venres ás 20:00 continuarán co ciclo de actos informativos na Casa das Letras de Ribadeo onde informarán á xente da problemática situación da sanidade pública na comarca. A poboación mariñá ten que tomar conciencia de que si non existe unha presión social importante será difícil reverter esta situación de progresiva degradación asistencial, tanto en sanidade primaria como especializada.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar