• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

El Plan General de Ordenación Urbana quieren exponerlo antes del verano

El alcalde, Javier Castiñeira, se ha reunido en Santiago con la secretaria general de urbanismo para avanzar en la elaboración del Plan de Ordenación Municipal que prevé exponer al público antes del verano. En la reunión abordaron el problema que supone la existencia en Foz de más viviendas construidas que habitantes.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse hoxe en Santiago coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, para avanzar na elaboración do plan de ordenación municipal. O rexedor, que estivo acompañado por técnicos do Concello e os redactores do PXOM,  prevé expoñer ao público o documento antes do verán, para o que é necesario a aprobación no pleno da corporación municipal. Un dos asuntos que se abordaron na xuntanza de hoxe é a problemática que supón para o plan a existencia no municipio focense de máis vivendas construídas que habitantes. Despois da reunión Javier Castiñeira fixo unha valoración “moi positiva, dentro do programa que ten o grupo de goberno para sacar adiante o plan xeral. Os prazos que tiñamos establecidos para esa nova exposición ao público séguense mantendo e antes do verán ese documento, que están a punto de rematar os redactores, expoñerase para que todos os veciños, con transparencia absoluta, poidan ver como quedan as súas propiedades”. Para o alcalde o máis importante da reunión “é trasladar a problemática que xurde nos últimos meses por ese exceso de vivendas construídas, como así figura nas estatísticas, porque Foz ten unha peculiaridade extraordinaria, pois hai máis vivendas que cidadáns: hai máis de 10.000 vivendas e menos habitantes, aínda que andamos practicamente moi cerca. Pero iso é unha problemática á hora de executar o plan xeral. Nós entendemos que dende a Consellería deben entender a situación de Foz. Isto supón un déficit nas zonas verdes e de servizos, que van intentar solucionar os redactores, pero é unha parte importante para que o plan teña un bo percorrido neste ano largo que lle pode quedar”. “A miña confianza é máxima e dentro duns vinte días resolveranse as alegacións, que están practicamente rematadas polo equipo redactor, e o pleno poderá decidir se expoñemos ao público ese novo plan adaptado”, explicou Castiñeira, quen lembrou que “era un documento básico do ano 2007, que outro goberno iniciou; nós o que fixemos foi retomar esa documentación para non perder ningún dos recursos xa executados e, polo tanto, despois de 6 anos hai varias normativas que lle pasaron por enriba e é un documento novo que merece a pena expoñer ao público”. O rexedor municipal engadiu que o desexo do goberno municipal é que “nestes vindeiros anos o Concello de Foz poida ter unha normativa urbanística adecuada aos tempos e non como a que hai agora, do ano 1981, cuns parámetros completamente distintos aos que se necesitan hoxe”. Javier Castiñeira rematou cun agradecemento á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo “pola súa disposición dende que retomamos o plan, pois o ano pasado aportaron financiamento para que fora posible rematalo; e agora atendendo ao equipo municipal encargado da redacción, que plantexou unha realidade extraordinaria con cerca de 5.000 vivendas máis que no ano 2001 e cun déficit en equipamentos e zonas verdes duns 40.000 metros cadrados, o que hai que resolver cunha solución que se contemplará no novo PXOM”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar