• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

La piscina municipal de Lieiro aumentó el número de socios en un 9% durante el último año

En un año, de marzo de 2013 a marzo de 2014, el número de socios creció en un 9%, llegando a los 739 asociados Los cursos infantiles se clausurarán este jueves con la entrega de cartillas a partir de las 17:30 horas y juegos en el agua desde las 18:00 horas.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Unha cifra que é só orientativa do incremento constante que se vén producindo na piscina nos últimos anos, xa que hai que ter en conta que hai moitas persoas que acceden á piscina a través de bonos ou de entradas puntuais, e mesmo a través de asociacións ou clubs, polo que o número de usuarios reais é moito maior.  Non hai que esquecer tampouco que existen un total de 145 persoas que acudiron aos cursos que organiza o Concello, e que non todos os asistentes son socios. Esta temporada a oferta incluíu cursos de iniciación e perfeccionamento para nenos e adultos, aquagim e cursos para bebés.  Clausura dos cursos infantís Un balance que o Concello de Cervo dá a coñecer poucos días antes de que se clausure a temporada 2013-2014 cun acto para todos os nenos e nenas que participasen nos cursos infantís de natación. Un evento que terá lugar este xoves ás 17:30 na piscina de Lieiro e que comezará coa entrega das cartillas de nivel e continuará ás 18 horas con xogos na auga.  Existen seis niveis de aprendizaxe e a cada un deles correspóndelle un deseño de cartilla diferente, asimilados con animais acuáticos (cangrexo, pato, tartaruga, foca, delfín e tiburón en orde de menor a maior nivel). Neles valóranse as destrezas adquiridas e funcionan como pasaporte para subir de nivel na temporada seguinte. Uns cursos da piscina que, tal e como lembra o edil de Deportes Luis Guillén, “forman parte da ampla oferta de actividades deportivas que poñemos en marcha dende o Concello para fomentar o exercicio e o deporte de base entre os nenos e nenas”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar