• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Pilar Rojo anima a los vecinos a visitas la muestra "51 páxinas das nosas letras"

Se trata de una exposición, organizada por el Parlamento Gallego, para rendir homenaje a los autores a los que se dedicó el Día das Letras Galegas desde hace 50 años La colaboración entre Parlamento, Real Academia Galega y Xunta, para organizar esta muestra, supone a juicio de Pilar Rojo, un ejemplo de colaboración.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A sala de exposicións Carboeiras de Sargadelos, de Cervo, acolle ata o vindeiro 20 de xullo, a mostra “51 páxinas das nosas letras”, organizada polo Parlamento de Galicia para render homenaxe aos autores homenaxeados durante o medio século de celebración do Día das Letras Galegas, instaurado no ano 1963. A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, inaugurou a exposición nun acto celebrado coa asistencia do alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o secretario da Mesa do Parlamento, José Manuel Balseiro; e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, entre outras personalidades. Vocación divulgativa Na inauguración, a presidenta da Cámara galega, animou aos veciños de Cervo, aos habitantes da Mariña lucense, e aos visitantes da comarca a visitar a mostra aberta hoxe ao público para “afondar un pouco máis mo coñecemento das letras galegas e dos nosos escritores e escritoras máis ilustres”. Dada a vocación divulgativa da exposición, Rojo Noguera convidou de maneira especial ás familias para que acudan a ver a mostra “cos máis novos da casa; porque nos máis novos reside o futuro, tamén o da nosa lingua e das nosas letras”. A mostra que hoxe abriu as portas en Cervo foi inaugurada na sede do Parlamento de Galicia o pasado 2 de decembro e desde entón pasou xa pola Coruña, Ferrol, O Carballiño, Celanova, Ourense, Lugo, Madrid, Xinzo de Limia, Verín e O Barco de Valdeorras. “E de Cervo partirá cara Camariñas co obxectivo dar a coñecer o noso patrimonio literario a través das figuras dos escritores máis sobranceiros que Galicia ten dado”, en palabras de Pilar Rojo. A exposición está integrada polas Medallas das Letras Galegas, pertencentes á colección de arte do Parlamento e que son obra do debuxante e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía; reproducen a faciana dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. Complétase a mostra con paneis que dan conta das  biografías e as principais obras dos autores a través de textos elaborados por diferentes académicos da Real Academia Galega. A exposición incorpora, ademais, un vídeo –elaborado pola Xunta de Galicia- sobre a historia da celebración do Día das Letras Galegas que inclúe o relato, en primeira persoa, de Don Francisco Fernández del Riego, impulsor da primeira celebración do Día das Letras Galegas, en 1963, “o que lle confire un valor especial a este documental”, en palabras de Pilar Rojo. Colaboración exemplar Na súa intervención, a presidenta do Parlamento agradeceu a colaboración que o Parlamento atopou na Real Academia Galega e na Xunta de Galicia para poder materializar este proxecto expositivo, que considerou un exemplo de colaboración. A presidenta do Parlamento de Galicia agradeceu tamén ao alcalde de Cervo a colaboración brindada para levar a mostra a este municipio lucense, e a José Manuel Balseiro  o seu “especial empeño persoal en traer a mostra a Cervo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2