También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

Piden a Villares inste a la Xunta a cooperar para solucionar el problema de Sargadelos

Para los socialistas las declaraciones de Alfonso Villares “parecen transmitir la idea de aceptar con los brazos cruzados las últimas noticias de la empresa” por eso le proponen que “no se puede rendir ahoram por lo que SArgadelos supone para Cervo y sus trabajadores”. Desde el GMS recuerda que la Xunta tiene una ninversión hecha “no puede mirar ahora para otro lado, tiene que defendser el dinero gastado; velar por sus intereses y apostar por un emblema de la cultura gallega”
  • cope.es
  • cope.es

As últimas noticias sobre Sargadelos anunciaron que a empresa desembocaba en suspensión de pagos. Os socialistas de Cervo entenden que “esta non debe ser a última solución. Pedímoslle ó alcalde, Alfonso Villares, que inste con urxencia á Xunta de Galicia a establecer un plan de actuación para cooperar na busca doutras saídas á situación económica pola que están atravesando”.   A empresa Sargadelos é un auténtico símbolo económico e cultural, non só de Cervo senón de toda Galicia, “non queremos que o noso rexedor se esqueza disto, as súas palabras parecen transmitir que acepta esta decisión. Non se pode rendir agora, ten a obrigación de seguir loitando para lograr a viabilidade desta empresa, polo que supón para Cervo e os seus traballadores”. Na mesma liña, dende o Grupo Socialista lembran que “a Xunta de Galicia chegou a acudir en rescate do grupo cun préstamo participativo convertible en accións de 600.000 euros. Non pode mirar agora para outro lado, ten a responsabilidade de defender o diñeiro invertido, velar polos seus propios intereses como parte da empresa e apostar por unha fábrica emblemática que desenvolveu unha grande labor en favor de toda a cultura galega”. Rematan insistindo en que dende o Concello de Cervo, “agradeceríamos que o señor Villares lle transmitise ós seus compañeiros da Xunta de Galicia que, como inversora na empresa, negocie cos debedores co único fin de conservar e manter a actividade industrial. Cremos que sería a forma de obter beneficios económicos das inversións xa realizadas e poder seguir adiante”.

Lo más visto