• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

Permanece abierto el plazo para acogerse a las ayudas de la Xunta para rehabilitar viviendas

El secretario general de los populares lucenses, José Manuel Balseiro, recuerda que hasta el 13 de junio es posible presentar las correspondientes solicitudes en las tres convocatorias en vigor: renovación con granito de fachadas, cubiertas con losa y cubierta con teja cerámica Estas actuaciones sirven para mejorar la eficiencia energética, potenciar la utilización de materias de gran importancia industrial en Galicia, así como para embellecer las construcciones existentes.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro lembrou hoxe que permanecen abertos os prazos para acollerse ás axudas postas en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria, para obras de rehabilitación de vivendas, tanto familiares como colectivas (comunidades de propietarios) Máis en concreto, ata o 13 de xuño é posible presentar ante a Xunta as correspondentes solicitudes nas tres convocatorias en vigor: a de rehabilitación con granito, a de renovación de tellados con lousa ou a de renovación destas mesmas cubertas con tella cerámica. O parlamentario explica que as persoas interesadas deben realizar a correspondente solicitude tanto de xeito presencial como por vía electrónica, a través da web. Alerta, en todo caso, que ao tratarse dunha convocatoria non competitiva, resulta importante facelo canto antes pois os apoios finalizan cando se esgoten os fondos económicos consignados que, de sumarse as tres convocatorias, superan os 600.000 euros (200.000 por cada unha delas) Balseiro dixo tamén que a Xunta considera custos subvencionables, aqueles que sexan directamente imputables ás actuacións de rehabilitación de fachadas con granito, ou a reparación, substitución ou recuperación das cubertas das edificacións, entre outros: Custo dos informes técnicos, das memorias básicas ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría, custos de licenza, os de desmontaxe e os de compra dos propios materiais, custos de man de obra e do imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación MELLORA ENERXÉTICA E VISUAL Balseiro quixo salientar as múltiples vantaxes que xustifican o apoio do Goberno galego a estas actuacións entre as que citou: a mellora do aforro e a eficiencia enerxética que se obtén co uso deste material, a través da redución da demanda en calefacción ou refrixeración dos edificios de vivenda existentes; ademais tanto o granito, como a lousa ou a tella cerámica son produtos propios do país, o que contribúe ao fortalecemento desta industria e dos seus empregos asociados; e finalmente, hai que engadir o seu valor estético para o seu uso como materiais de revestimento. Tanto o granito, como a lousa e a tella cerámica son ideais para incorporar en pequenas edificacións, moitas delas situadas nos cascos antigos das vilas e en zonas rurais, contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar