También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mondoñedo | La obra presenta diferencias respecto al proyecto

El PP pedirá en pleno constituir una comisión para investigar las obras del entorno de la Catedral y Seminario

Los populares mindonienses han tomada la decisión de solicitar esta comisión dado el resultado de la obra que presenta diferencias con relación al proyecto, junto con la “dudosa” adjudicación de la obra. Ante los hechos los populasres piden responsabilidades y quieren conocer la realidad del asunto.

O Partido Popular de Mondoñedo pedirá en pleno a constitución dunha comisión para investigar a execución e a xestión municipal da obra do entorno da Catedral e do Seminario. Os populares tomaron esta decisión dado o resultado dunha obra cuxo resultado presenta diferenzas respecto ao proxecto feito ao que se lle engade a dubidosa adxudicación da obra, tendo en conta que o PP non ten constancia de que se materializaran as melloras (actuacións non obrigadas por proxectos pero comprometidas a realizar pola empresa adxudicataria),   comprometidas a levar a cabo pola entidade adxudicataria sendo este o criterio practicamente determinante de que a empresa resultara elixida para a realización das actuacións. A non execución das melloras xunto ao mal estado do resultado das obras (arquetas que rompen de xeito continuado, mal estado do firme, pedras rotas, mal mantemento das canalizacións...) levaron aos populares, insatisfeitos coas respostas obtidas polo momento,  a tomar esta decisión co obxecto de saber cal é  a realidade. Os populares aseguran que alguén terá que responder ante unha obra a que cualifican de “desfeita”. Deste xeito, os populares cualifican de “urxente” o arrando dos desperfectos na obra do entorno da catedral. Asemade, esíxenlle ao equipo de goberno a sinalización de prazas de minusválidos neste entorno, ao tempo que lamentan que unha vez máis o bipartito, se volvese a esquecer dos máis necesitados.

Lo más visto