• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Patinaje y fútbol-8 actividades deportivas para los próximos quince días en Foz

La 7ª edición del campus de verano de patinaje artístico será del 23 al 27 de junio mientras el 5º torneo de fútbol-8 senior Vila de Foz será del 4 al 6 de julio en el Martínez Otero. El alcalde focense, Javier Castiñeira, destacó que el patinaje permite que los jóvenes continúen activos y agradeció a la Peña Ñasss la organización del torneo de futbol-8

Presentación Campus Patinaje Artístico

Presentación Campus Patinaje Artístico

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Foz acollerá a sétima edición do campus de patinaxe artística do 23 ao 27 deste mes. As actividades foron presentadas hoxe cun acto no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira. O rexedor municipal explicou que “os nenos e nenas maiores de 5 anos poderán gozar dunha semana intensa de campus de patinaxe, no que terán tamén outras actividades deportivas, culturais e turísticas. Neste sentido o Concello de Foz está moi contento do resultado das anteriores edicións deste campus, no que normalmente se esgotan todas as prazas”. Javier Castiñeira destacou que esta actividade “permite tamén a conciliación da vida laboral para todas aquelas familias que teñen rapaces que están xa na primeira semana de vacacións. É unha forma de que os nenos sigan activos. O horario é dende as 10 e media da mañá ata as 7 e media da tarde, comida incluída, e o prezo son 100 euros”. Ademais do alcalde de Foz, no acto de presentación celebrado esta mañá participaron a directora do campus, Rebeca Díaz; a coordinadora, María Gómez, e o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, participou na presentación da quinta edición do torneo de fútbol 8 sénior Vila de Foz, que se celebrará do 4 ao 6 de xullo no estadio Martínez Otero e repartirá 1.600 euros en premios. Está organizado pola Peña Ñasss coa colaboración do Concello. O rexedor municipal destacou que “a novidade con respecto a outros anos é que se vai realizar nun campo de herba natural, no Martínez Otero, que está no centro da vila. Para premios destínanse 1.600 euros en metálico: 1.000 para o gañador, 400 para o segundo clasificado e 200 para o terceiro, aparte dos trofeos. Neste caso o Concello de Foz colabora, como o fai con case todas as actividades deportivas e culturais que se desenvolven no noso concello. É interesante porque é un torneo que atrae a moita xente, non só aos participantes senón tamén aos que veñen a velo”. Javier Castiñeira agradece “á Peña Ñasss pola súa organización e tamén a aqueles patrocinadores que axudan ao financiamento deste evento, co que se inician os primeiros actos deportivos do verán”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2