También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

"Pasatempos de Verán" incluye actividades deportivas, lúdicas, festivas, educativas o culturales para todas las edades

El alcalde, Alfonso Villares, ha presentado el programa “Pasatempos de Verán” que organizan desde el Ayuntamiento; incluye una serie de actividades que se desarrollarán en diversos lugares del municipio y donde pueden participar los vecinos.

De 

Ata o de agora, os Pasatempos chegaban aos fogares cervenses de forma trimestral, coincidindo coas estacións do ano, pero nesta ocasión o Concello optou por publicar dous folletos no verán, un coas actividades de xullo e outro coas de agosto e setembro. Unha decisión que ten que ver co volume tan elevado de eventos e actos que hai programados para a temporada estival, e que farían que o folleto de verán non fose manexable nin operativo. En canto ás actividades, como é habitual, hainas para todas as idades, moitas delas pensadas para facerse ao aire libre aproveitando o bo tempo, tanto deportivas, como lúdicas, festivas, educativas ou culturais. Da mesma maneira, as actividades programadas polas asociacións, e coas que colabora o Concello, teñen unha grande importancia nos Pasatempos. “O noso obxectivo cos Pasatempos é informar aos veciños de todas as actividades que ao longo do ano programan o Concello e as asociacións. Porque cremos que dándoas a coñecer a través dun folleto manexable e dispoñible en todas as casas é unha boa forma de convidar á poboación a asistir, a participar e a manter vivo o municipio” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.   Pasatempos de Verán (I) Como ocorre en todos os Pasatempos, hai certas actividades que se manteñen no tempo e que se repiten ano tras ano despois de comprobar o seu éxito, como é o caso dos Enredos de verán (Concello/ANPA CEIP Cervo nº1) ou das Noites Alternativas, dous programas de referencia na época estival en Cervo. Tamén repiten os Encontros Abertos de Música para Mozos. En canto ás novidades, pódese destacar o programa Repasando en vacacións (Concello/ANPA CEIP Cervo), de continuación e apoio ao estudo, os Talleres de supervivencia doméstica para mozos, ou a navegación de radio control e exhibición de barcos estáticos  na piscina de Lieiro. Da mesma maneira, tamén se contemplan as festas patronais destas datas, como as de San Pedro da Senra, as de Santa Isabel de Lieiro ou as da Virxe do Carme de San Ciprián. Actividades deportivas Teñen moito peso nos Pasatempos de Verán. Ademais das xa mencionadas Noites Alternativas, hai que destacar as sesións de zumba ao aire libre, o Día do Deporte (Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo), a Regata de bateis (Amigos do Mar/Concello de Cervo), o Día da Bicicleta (Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo), o II Torneo de Pádel Concello de Cervo, ou a Baixada de Skate (Club Limosa Surf/Concello de Cervo). Exposicións As mostras tamén teñen especial presenza neste programa. A primeira vaise inaugurar este luns na Casa da Cultura e trátase da exposición de pintura de Tino Soto, veciño de San Ciprián, cunha longa traxectoria artística e que foi o deseñador de moitos carteis anunciadores da festa da Maruxaina. No mes de xullo tamén se poderá ver a mostra “51 páxinas das nosas letras”, da man do Parlamento de Galicia e a Xunta e que se abrirá nas Carboeiras o 7 de xullo. E a mediados de mes arrincará na Casa da Cultura a mostra sobre os traballos manuais que fan na Asociación Mulleres de San Ciprián.     PASATEMPOS DE VERÁN (I) INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “NO DIGAS QUE FUE UN SUEÑO” Tino Soto 30 de xuño ás 20 h. Na sala de exposicións da Casa da Cultura IGUAIS EN MOVEMENTO Actividades de serán na Praia do Torno Luns e mércores: Ximnasia de mantemento Martes e xoves: Aeróbic REPASANDO EN VACACIÓNS De 15 a 17 h. nos locais sociais das parroquias Concello de Cervo/ ANPA do CEIP Cervo ENREDOS DE VERÁN Todo o mes na Casa do Mar Infantil de 11 a 12:30 Primaria de 12:30 a 14:00 Concello de Cervo/ANPA CEIP Cervo nº1 ENCONTROS ABERTOS DE MÚSICA PARA MOZOS Do 1 ao 3/Do 22 ao 24/Do 28 ao 31 de xullo De 20 a 22 h. na Casa do Mar CLAUSURA DOS TALLERES DE MEMORIA 2 de xullo ás 19:30 h. no local social de Trasbar TALLERES DE SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA PARA MOZOS/AS 4, 11, 18 e 25 de xullo De 11 a 13 h. na Casa do Mar FESTAS DE LIEIRO: SANTA ISABEL 5, 6 e 7 de xullo no Guioncho Festas patronais. Misa, sesión vermú, e verbena Luns pola tarde Sardiñada Comisión de festas de Lieiro/Concello de Cervo REGATA LIGA PROVINCIAL 6 de xullo a partir das 10 h. Encoro de Río Covo CD San Ciprián/Concello de Cervo INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “51 PÁXINAS DAS NOSAS LETRAS” 7 de xullo ás 19:30 h. Nas Carboeiras de Sargadelos Exposición con motivo do 50 aniversario do Día das Letras Galegas Visitas ata o 20 de xullo de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 20 h. Parlamento de Galicia/Xunta de Galicia/Concello de Cervo TEATRO Ás 21 h. no Auditorio da Casa da Cultura 8 de xullo Mamá Cabra “Patatín, Patatán” 9 de xullo Grupo Ardora de San Ciprián 10 de xullo Grupo O Bordelo de Cervo 11 de xullo Grupo A Rabela de Baralla Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo TORNEO DE FÚTBOL PRAIA  8, 9 e 10 de xullo Praia do Torno de 22 a 00:30 h. Noites Alternativas ZUMBA 10 de xullo ás 19 h. Na Praza dos Campos DÍA DO DEPORTE 11 de xullo durante todo o día Praza dos Campos Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo CONCERTO DE MALVELA 12 de xullo ás 20 h. Auditorio da Casa da Cultura Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo NAVEGACIÓN DE RADIO CONTROL E EXHIBICIÓN DE BARCOS ESTÁTICOS 13 de xullo de 16 a 18:30 h. Na Piscina de Lieiro AMONAGA/Concello de Cervo I ENCONTRO DE CORAIS 13 de xullo ás 20 h. na praza dos Campos Coro da Villa de Navia e Escolma de Meus Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo/Aventados FESTAS DO CARME 14, 15 e 16 de xullo en San Ciprián Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo EXPOSICIÓN DE TRABALLOS MANUAIS MULLERES DE SAN CIPRIÁN Do 15 ao 31 de xullo Na sala de exposicións da Casa Cultura Asociación Mulleres de San Ciprián/Concello de Cervo REGATA DE BATEIS 16 de xullo Amigos do Mar/Concello de Cervo DÍA DA BICICLETA Do 17 de xullo ás 17:30 h. na praza dos Campos Inscricións na Praza dos Campos a partir das 17 h. Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo DÍA INFANTIL 17 de xullo de 19 a 22 h. na praza dos Campos Xogos, colchonetas e atraccións náuticas Comisión de Festas do Carme/Concello de Cervo LECTURA NO VERÁN 18 de xullo ás 11 h. na praza dos Campos Xornadas de promoción da lectura no verán Haberá postos de venda de libros e talleres infantís MERCADO PIRATA Inauguración o 18 de xullo ás 20:30 h. 19 e 20 de xullo de 11 a 23 h. Praza dos Campos Comisión de Festas da Virxe do Carme/Concello de Cervo CARPA DE INFORMACIÓN XUVENIL 19 de xullo de 11 a 23 h. na praza dos Campos CONCERTO OS CEMPÉS 19 de xullo ás 23:30 h. na Praza dos Campos Comisión de Festas da Virxe do Carme/Concello de Cervo TORNEO DE VOLEI PRAIA 22 e 23 de xullo Praia do Torno de 22 a 00:30 h. Noites Alternativas ROMARÍA DE SARGADELOS SANTIAGO APÓSTOLO 24 e 25 de xullo Romaría, festas patronais, misa, sesión vermú e verbena 24 de xullo Actuación do Grupo Folk A Roda A Fervenza de Sargadelos/Concello de Cervo NOITE DO PATÍN 24 de xullo Praza dos Campos de 22 a 00:30 h. Noites Alternativas II TORNEO DE PÁDEL CONCELLO DE CERVO 25, 26 e 27 de xullo Pista de pádel do polígono de Cuíña BAIXADA SKATE 26 de xullo Club Limosa Surf/Concello de Cervo TORNEO DE FÚTBOL SALA 3x3 29, 30 e 31 de xullo Praza dos Campos de 22 a 00:30 h. Noites Alternativas FESTA DE FINDE CURSO DO PAI 31 de xullo ás 17:30 h. Auditorio da Casa da Cultura XIV VELADAS DE TEATRO AO AIRE LIBRE E VII EXPRESS+ARTE 31 de xullo, 1, 2 e 3 de agosto Praza do Souto de Cervo O Bordelo/Concello de Cervo

Lo más visto