• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Parlamento | José Manuel Balseiro será el portavoz del área de montes e incendios del grupo parlamentario popular, seguirá también cono portavoz de mar.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

José Manuel Balseiro Orol será o novo portavoz da área de montes e incendios do Grupo Parlamentario Popular. Así se decidiu na xuntanza de organización desenvolvida polos deputados populares no Parlamento de Galicia. O deputado lucense suma esta nova responsabilidade pero continúa tamén mantendo a portavocía do Mar do Grupo Parlamentario, cargo que ostentou na pasada lexislatura e que inclúe competencias no ámbito da pesca e outros asuntos marítimos, así como todo o relacionado coa actividade de Portos de Galicia. Balseiro foi un dos deputados máis activos, con maior número de iniciativas presentadas no Parlamento galego durante a pasada lexislatura e deste xeito ve reforzadas as súas responsabilidades dentro do Grupo Parlamentario. “Teño que agradecer unha vez máis a confianza que depositan en min os compañeiros do Grupo Parlamentario e moi en particular o seu portavoz, Pedro Puy, e desde este mesmo instante estou a disposición dos axentes e profesionais do ámbito forestal para unha mellor defensa dos seus intereses”-explicou o deputado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar