• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | José Blanco pregunta al gobierno cuando se va a desbloquear

La paralización del gasoducto impide a empresas y vecinos acceder a una energía más barata

El diputado socialista por Lugo considera “insostenible” la parálisis del gasoducto de la Mariña y sostiene que la paralización del proyecto impide a  ALCOA, a empresas y a los hogares el acceso a una fuente de energía más barata y más respetuosa con el medio.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O deputado socialista no Congreso José Blanco vén de presentar un conxunto de preguntas parlamentarias ao Goberno para que responda sobre a situación que atravesa o gasoduto da Mariña. Blanco demanda ao Goberno que informe sobre o estado de tramitación desta infraestrutura, sobre os motivos polos que se atopa “paralizada” no Ministerio de Industria e cando prevé o Goberno desbloquear esta infraestrutura para que poidan comezar as obras de execución da mesma. No seu escrito, o deputado socialista lembra que o pasado 9 de outubro, en resposta a unha pregunta previa do propio Blanco, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo asegurou que “tras unha análise rigorosa das diferentes alternativas de trazado propostas, realizada seguindo criterios de seguridade, afección ambiental, racionalidade do trazado ou minimización das afeccións, entre outros, se decidiu manter o trazado inicialmente previsto no proxecto polo promotor”. Para Blanco, sendo esta a situación descrita polo Ministerio, “facíase lóxico pensar que o proxecto tiña o camiño despexado para a súa execución”. “Non obstante, nunha recente reunión de alcaldes da Mariña lucense con responsables de Alcoa poñíase en evidencia que a tramitación desta infraestrutura está parada no Ministerio de Industria dende o pasado mes de novembro, cando o Ministerio de Medio aprobou o informe de impacto ambiental”. Segundo o deputado socialista “esta parálise é insostible” dado que non só impide a Alcoa o acceso a “unha fonte de enerxía máis barata e máis respectuosa co medio” como é o gas natural, senón que impide tamén que dela “se beneficien o resto de empresas da bisbarra da Mariña e os cidadáns nos seus fogares”. Blanco lembra ademáis que Alcoa xera 2.000 postos de traballo directos e outros mil indirectos, dous terzos dos cales se concentran na fábrica radicada na localidade lucense de San Cibrao. Por todo iso, o deputado socialista demanda explicacións ao Goberno e inquire sobre cando se vai superar a situación de parálise para poder iniciar as obras

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar