• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

El Pabellón de A Veiga preparado para la celebración del X Encuentro de Palilleiras

Más de 600 palilleiras se reunirán mañana en el recinto para mostra en vivo el proceso de elaboración artesanal de encajes. El gobierno local destacó el pode de dinamización de la economía local con este evento que trae a la localidad personas de distintos puntos de Galica, Asturias y León. El evento se iniciará a las 10 de la mañana y para la once ymedia esta prevista la inauguración con la presencia de la Delegada Territorial de la Xunta, Raquel Arias.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

A Concellería de Igualdade do Concello de Cervo informou hoxe de que xa está todo preparado para a celebración do X Encontro de Palilleiras. O pavillón de Veiga foi adaptado ás necesidades das máis de 600 palilleiras procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias e León, que teñen confirmada a súa asistencia e estarán concentradas durante tres horas no recinto para practicar este oficio artesanal e que, polo tanto, “teñen que estar cómodas e dispoñer de infraestruturas axeitadas” explica a edil de Igualdade, Pilar Armada. A concelleira destaca que este Encontro de Palilleiras é “un día destacado no noso calendario, no que poñemos en valor unha práctica con moita tradición no noso concello” e que, ao mesmo tempo, “ten un forte poder dinamizador da economía local”. Neste sentido, a responsable de Igualdade informou de que hai moitos establecementos de restauración que xa teñen todo reservado para ese día. A edil tamén destaca o carácter turístico deste encontro, “unha oportunidade excepcional para amosar os nosos reclamos ao tempo que potenciamos unha tradición centenaria” engade Armada. A Fábrica de Cerámica de Sargadelos é un destino fixo ao que se dirixirán as palilleiras e os acompañantes. O Concello ten confirmadas dúas viaxes en autobús ata a factoría, ás que haberá que sumar todas as visitas que realicen pola súa conta e cos seus propios autobuses. Armada tampouco quixo esquecerse da importancia de fomentar de forma constante a arte de palillar máis alá de eventos puntuais. Por iso, lembra que no programa complementario inclúese o curso de palillar, que se vén impartindo dende o mes de febreiro e no que participan 13 mulleres. Un programa no que tamén se atopa a exposición “Palillando nos meniños” que se inaugurou a semana pasada e no que se amosan máis de 200 pezas de encaixe elaboradas con distintas técnicas, dende o encaixe galego ata o estremeño, ruso, danés ou moderno, así como pezas de bordado. Unha exposición na que se poden comprobar as múltiples aplicacións do encaixe e que foi posible grazas aos traballos feitos polas alumnas de Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero e a outras pezas achegadas por persoas particulares. Coincidindo coa celebración do encontro, a mostra terá ese día un horario de apertura especial, dende as 10:30 horas ata as 20:00 horas de forma ininterrompida.   Programa A Delegación de Igualdade quere, así mesmo, lembrar o programa de actos previstos para o Encontro, no que cabe destacar a presenza da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. O evento arrincará ás 10:00 horas coa recepción de palilleiras no pavillón. Media hora máis tarde comezarán a traballar cos fíos amosando a súa práctica cos palillos, exhibición que durará ata as 13:30 horas. A inauguración oficial coas autoridades está prevista para as 11:30 horas. Ao mesmo tempo, ás 12:00 horas os acompañantes participarán na visita á Fábrica de Cerámica de Sargadelos, da que as palilleiras gozarán ao remate dos traballos. A hora do xantar está prevista para as 14:00 horas. A partir das 16:30 horas os actos continuarán cunha actuación. Ademais, as palilleiras levarán para casa un recordo do encontro, que consistirá nunha peza relacionada con esta arte elaborada polas mans dun artesán galego da madeira. Durante a xornada tamén se entregarán diplomas acreditativos da súa asistencia á mocidade que acuda a palillar. E xunto ao pavillón, na carpa anexa, estarán situados os postos nos que se porán á venda todo tipo de artigos relacionados co encaixe. Nesta edición son preto de 30 os vendedores que acudirán procedentes de distintos puntos de Galicia e de España como Barcelona, Madrid, Valencia e Cantabria. Agradecementos Tamén se realizará o sorteo de artigos cedidos por empresas e comercios da comarca, que xunto con outras entidades fan as súas achegas neste Encontro. Armada quixo facer un agradecemento expreso a estes colaboradores: Labores Mabe San Ciprián, Fábrica de Sargadelos, Cerámicas Gudín, Eladio Bello Máquinas de coser, mercería e decoración Ajuar, Cesáreo Eijo Canoura Multicarpas, Distribucións Carreiras, Presencia Hilaturas S.A., Autos Rodríguez, Coats Fabra e Asociación de Montes de San Román. Un agradecemento que tamén fixo extensible ao grupo folclórico de Cervo Airiños do Xunco, que animará o encontro con música tradicional. Mención especial merecen tamén as profesoras Mariluz Méndez e Modesta Lombardero, “que durante estes dez anos estiveron participando activamente na organización do encontro e das actividades complementarias”, di Armada “e que levan o Encontro de Palilleiras de San Ciprián alá onde van”. A edil tamén quixo destacar o patrocinio da Xunta de Galicia e da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño. “O noso principal desexo é contribuír a manter viva a tradición de palillar no noso Concello e por suposto, seguir apostando polo primeiro Encontro de Palilleiras que se puxo en marcha na Mariña” remata Armada.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar