También en directo
Ahora en vídeo
Mondoñedo |

Orlando González, después de dos años, inicia el procedimiento de resolución de contrato con la adjudicataria de las obras en la plaza de la Catedral

El PP critica que el alcalde tardase en resolver el contrato hasta dos años desde que le han informado de los incumplimientos de la empresa que ejecuta las obrs encuestión. Un informe de Secretaría cita que el director de la obra dio cuenta el 18 de mayo de 2012 de que la empresa abandonara el trabajo dejando unidades pendientes de ejecutar. Los populares piden que se asuman responsabilidades, ya que se perdio mucho dinero.

De 

O Partido Popular de Mondoñedo criticou que o equipo de goberno da localidade tardase ata dous anos en levar a pleno o inicio do procedemento de resolución do contrato coa empresa adxudicataria da obra do entorno da Catedral, Seminario e Fonte Vella. Os populares explican que fai dous anos que o alcalde ten coñecemento a través de técnicos do incumprimento da empresa que executaba a obra; en concreto a través dun informe do Director de obra e coordinador de seguridade e saúde de data 18 de maio de 2012. En dito informe indícase a situación na que quedou a infraestrutura con desperfectos en pedras colocadas como terminación de pavimento; en rexuntados de acceso sen rematar correctamente; así como problemas no alumeado e na sinalización; entre outros…uns desperfectos que continúan a día de hoxe sen estar subsanados, co perigo e incomodidade que entraña para os usuarios da vía. Pese a estas indicacións, os populares denuncia a despreocupación do alcalde da localidade, Orlando González que ata o pleno de mañá non levou unha proposta para incoar o procedemento de resolución de contrato; pese a estar ante unha obra que supuxo un investimento superior ao millón de euros e que está a ter repercusións negativas tanto para o día a día dos veciños como para a imaxe que proxecta Mondoñedo aos visitantes. Alguén deberá asumir responsabilidades: os mindonienses perderon máis de 30 millóns das antigas pesetas en obra Os populares consideran que se está ante un feito grave no que se perdeu unha importante contía económica de diñeiro e incluso non se chegaron a levar a cabo as obras en concepto de melloras ás que a empresa se comprometera e que se converteran en determinantes para a adxudicación da obra. Por este feito, os populares consideran que alguén terá que asumir responsabilidades; unha vez que se esclarezan as circunstancias que levaron a que a empresa abandonara a obra deixando unidades de obras pendentes por executar xunto a patoloxías que necesitan reparación por un importe que ascende aos 181.291,08 euros. Confirmación das criticas dos populares O procedemento de resolución do contrato que leva mañá a pleno o equipo de goberno do Concello de Mondoñedo demostra as críticas que os populares puxeron de manifesto ao longo destes últimos anos, xa que a simple vista se apreciaban trastornos incompatibles cunha obra recén feita. Ante esta circunstancia, o Partido Popular de Mondoñedo lembra que o seu grupo pediu en pleno a creación dunha comisión de investigación no tocante a xestión desta obra, ao que votou en contra o equipo de goberno. Aínda que paradóxicamente, no mesmo pleno que o PP levou a moción da comisión de seguimento, o PSOE e o BNG plantexaron un requirimento á empresa para que no prazo dun mes corrixise deficiencias. Agora é evidente que a iniciativa de socialistas e nacionalistas só foi “un paripé” para xustificar a negativa á creación da comisión e evitar darlle explicacións aos populares. Deste xeito, os populares lembran que o seu grupo criticou dende o  primeiro momento esta obra, á que se refiren como de “un grave erro” ao “inutilizar unha praza que ata o momento era funcional, quedando absolutamente inservible, incómoda e insegura”.

Lo más visto