• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | "A rebaixa fiscal máis intensa" por José Manuel Balseiro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

Por riba da simple análise numérica, da relación de investimentos para obras, novos servizos e iniciativas en beneficio directo da nosa comarca, os orzamentos da Xunta de Galicia en 2016 inclúen outros aspectos que adquiren especial relevancia para os veciños da Mariña lucense. Gran parte dos 430 millóns de euros adicionais que o Goberno manexa para o ano próximo se destinarán a desenvolver un potente paquete social, a reforzar o gasto en sanidade e educación e a impulsar a maior baixada de impostos da nosa historia. As rebaixas fiscais son posibles grazas á solvencia da autonomía e ao cumprimento do déficit. No IRPF a Xunta aplicará reducións progresivas que beneficiarán ao 98,5% dos contribuíntes galegos, cun aforro estimado de ata 380 euros ao ano por contribuínte. Redución que será maior nas rendas baixas e medias e situará a Galicia entre as comunidades coa menor tributación. Promoveremos un programa de impostos cero no rural que, na práctica, supón asegurar que por iniciativa do Goberno Feijóo ningunha transmisión de fincas en solo rústico pagará imposto de transmisións patrimoniais, tamén deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias e as agrupacións de fincas rústicas non abonarán o imposto de actos xurídicos. No ámbito social: crearemos o bono coidador no rural. E haberá axudas directas de 100 euros ao mes para cada neno que naza a partir do 1 de xaneiro. Esta axuda poderá chegar a máis de 8 de cada dez familias e estableceremos deducións fiscais de 360€ polo primeiro fillo e de 1.200€ polo segundo e de 2.400€ polo terceiro Desde A Mariña, a valoración non pode ser máis que positiva, porque estamos diante dunhas contas feitas con criterio, axustadas ás necesidades e aos proxectos máis importantes para os mariñáns e que, ademais, son responsables  e sensibles ao novo momento que vive Galicia. O reto é ser capaces de trasladar a recuperación das contas públicas a cada un dos fogares. Galicia, os galegos anticipámonos na loita contra a crise, e Galicia vai anticiparse tamén para aproveitar o inicio da mellora. Custoulle moito á xente chegar ata aquí e poder baixar impostos como para que agora volvan vellas políticas a botalo todo a perder. Jose Manuel Balseiro Orol Secretario do Parlamento de Galicia

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE