También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Opinión | "Máis cota da xarda, máis oportunidades para a nosa flota" por José Manuel Balseiro

Temos razóns dabondo para felicitarnos polo positivo que, para o conxunto da flota galega, será o novo acordo sobre o reparto da xarda, asinado entre a Unión Europea e os Estados costeiros do caladoiro Atlántico Nordeste. Supón un paso de relevancia se temos en conta que desde o ano 2009 non foi posible acadar un acordo similar, ante a negativa dos países norteños que non querían limitar a pesca desta especie, nin os desembarcos. Pero quizá o aspecto máis importante esta en que esta decisión dará lugar a un notable incremento das posibilidades de pesca –das oportunidades de traballo para os nosos profesionais do mar– ao aumentar nun 77% a cota inicial (deducidas as sancións por sobrepesca) ou nun 136% se o comparamos coa cota da que dispuxo España en 2013. Non debemos equivocarnos, esta decisión non chega dun día para outro. Senón que é froito de máis de dous meses de duras e complicadas negociacións e dun traballo liderado polas administracións galega e española que teñen amosado –e sería inxusto non recoñecelo- a súa capacidade de trasladar ante á Europa as demandas e necesidades da nosa flota. A presión de Galicia, de España, tivo o seu efecto e, nese camiño, contou con aliados como Irlanda e Reino Unido un feito que ai anos podería parecer impensable. Non contou coas forzas políticas da oposición que, mentres por unha banda, se sumaban ás protestas de cara á galería, pola outra votaban en contra das iniciativas impulsadas polo Partido Popular no Parlamento de Galicia, para promover sancións contra Islandia ou as Illas Feroe, medidas de presión que tamén contribuíron a que a sinatura deste acordo fora posible. O movemento amósase andando. Queda claro que había un Goberno e unhas administracións traballando desde o primeiro día en apoio do sector. Queda clara a aposta pola pesca responsable e por unha xestión sustentable dos stocks pesqueiros constitúe un compromiso dos nosos profesionais do mar, os primeiros interesados en garantir o futuro da actividade pesqueira e o bo estado dos caladoiros Hoxe observamos como mentres outras administracións foron incapaces de controlar a sobrepesca, consecuencia do cal sufrimos sancións, os responsables políticos actuais traballan desde o primeiro día en mellorar as condicións do sector. Os números non enganan: Hoxe á flota do cerco galega disporá dunha cota de 3.400 toneladas fronte as algo máis de 1.600 que pescou en 2013.   Jose Manuel Balseiro Orol Voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento de Galicia

Lo más visto