• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

OPINIÓN | El Grupo Municipal del PSOE de Burela felicita al Burela FSF por su trayectoria

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Comezar por recordar que este equipo fundouse no concello de Foz , con outro adestrador e outras xogadoras,  pero que puxeron a semente do que é hoxe o futbol sala feminino a nivel de España. No ano 2008 o anterior equipo goberno decide traer para Burela ese equipo integrándoo no Burela FSF, amosando unha vez mais o seu apoio institucional e económico cara o deporte. Ficháronse novas xogadoras que se incorporan ao clube, e comeza a dar esa semente o seu froito  Ej: dúas copas Xunta. Cambiase de adestrador e novos fichaxes que segen a amosar un traballo ben feito, ascendese a primeira división. A todos os que pasaron por este clube, tanto aos presentes como aos que xa non están reconocerlles o seu esforzo e profesionalidade, ata conseguir doblete de títulos nun mesmo ano. Dende o PSOE felicitamos ao máximo responsable do clube, o presidente José Ramón Casas, en representación de todo o clube, pola súa labor institucional e recoñecerlle que ai ven poucos presidentes a nivel de España que poidan presumir de ter dous equipos en 1º división e un de eles conseguir no mesmo ano liga e copa. Amosar tamén  o noso recoñecemento as distintas administracións que souberon apoiar economicamente este deporte xa que sen eles sería imposible realizar este sono, a todos os patrocinadores en especial a Pescados Rubén S.l. e tamén a todos os socios e afeccionados que ademais de poñer a súa  aportación económica tamén souberon dar apoio moral estando presentes en todos os partidos no pavillón Vista alegre. Darlle grazas as entidades que fixeron posible que as xogadoras estiveran en plena forma no momento de competir como Alba Vila e fisioterapia L2. Por suposto a todo o corpo técnico, comezando polo seu adestrador Pardeiro que grazas a estas xogadoras  é considerado o mellor adestrador da liga nacional feminina, tamén ao preparador físico Alfonso Mera, e aos delegados Lola e Ramón e como non as 12 xogadoras que forman o Burela FS. Elas son en realidade as verdadeiras triunfadoras YOZI, DOLO, LUCÍA, LIDIA, MAITE, PEQUE, LARA, SILVIA, PAULA, HAYDÉE, DANNY e PATRI . Cada sábado no pavillón facíannos gozar coa súa loita e o seu saber estar, elas levaban as patadas, elas defendían, elas atacaban e elas marcaban o gol. ¡¡ Voso é o triunfo!! Conseguístedes dous títulos moi importantes a nivel de España a LIGA e a COPA, co voso esforzo o carnet de campioas e tamén o de loitadoras e lográstedes entrar dentro dos nosos corazóns. Agora a  corporación municipal no pleno do 30/05/2013 coa firma de todos os concelleiros membros,  ímosvos condecorar coa medalla de ouro. A medalla de ouro a vosa deportividade, a vosa traxectoria ascendente e aos triunfos acadados.  ¡¡¡ FELICIDADES, e un honor darlla a un equipo feminino!!!   GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar