• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | "O goberno de Ribadeo: Máster en propaganda", por Azucena González

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

Tanto o actual alcalde de Ribadeo coma grande parte dos seus concelleiros levan en responsabilidades de goberno no concello de Ribadeo dende o ano 2.003 e hai unha característica sinalada na súa forma de facer política que os destacou dende aquela primeira legislatura en coalición e que seguiu a darlles froitos dourados ata a data: o uso intensivo da propaganda. Tivo Fernando Suárez de sempre unha querencia polos medios de comunicación e a fotografía de estilo decadente e caduco, rancio recordo do NO-DO para maior gloria do poderoso (famosas foron as diversas aparicións xornalísticas co casco de obra, mallando o trigo, etc, etc,..); de seguro que nestes once anos terá un “book” variado que para sí quixeran laureados modelos profesionais. Pero entre bromas e corrillos de taberna, o BNG tirou do mapa político ao seu coaligado PSOE e comezou a súa andaina en solitario que hoxe pervive. Co tempo foi perfeccionando o alcalde e o seu equipo o sistema de márketing no que se converteu o seu goberno. Peza clave resultou, sen dúbida, a inestimable axuda do equipo de prensa (ao que lle pagamos tódolos ribadenses) que, de seguro, como magníficos profesionais que son, contribúe en gran medida ao diseño e  difusión da venta mediática do goberno. Sexa cal sexa a nova que toque cada semana a estratexia divídese en dúas técnicas, dependendo das circunstancias do feito noticiable: 1.- Se se trata dunha boa nova, asúmese o protagonismo do tema; veña de onde veña o diñeiro, a xestión, o esforzo,… nada pode evitar que nos chegue o anuncio grandilocuente por parte do alcalde como mérito propio 3.- Se se fala dun problema ou de necesidades ou calquera outro tipo de malas novas pasamos á técnica do vitimismo: a culpa é do PP, e da Xunta e de Rajoy e….de quen sexa que pasase por alí, salvo, por suposto, do goberno municipal que loita “indefenso e inerme nun campo minado” pola miseria dunha axuda por parte dos que teñen o poder, bla, bla, bla,.. Os medios de difusión foron tamén “in crescendo” en cobertura e relevancia: desde o noso semanario “La Comarca del Eo” e as edicións locais de xornais e medios radiofónicos chegamos (gracias, sobre todo, ó tema da praia das Catedrais) á cobertura rexional, nacional e ata internacional. Tamén exploraron e perfeccionaron o tema das novas tecnoloxías, convertendo a páxina web do concello nun boletín propagandístico do goberno, e irrumpindo en redes sociais, Youtube e, de seguro, algunha outra plataforma que eu nin siquera coñezo. Hai exemplos a centos pero no caso da técnica número 1 o máis recente é o pleno desta semana que en realidade é unha resolución do Ministerio de Hacienda que permite aos concellos adheridos ao plan de pago a proveedores mellorar as condicións do préstamo pero que, como nos tén afeitos, o alcalde vende nos medios como un logro da súa magnífica xestión. Cada certo tempo escoitamos ao alcalde e ao concelleiro de facenda afirmar fachendosos a mellora que acadaron no tempo de pago das facturas do concello e néganse cando se lles recrimina a falsidade do seu mérito a recoñecer que foi o Goberno do Estado quen atallou de raíz a débeda que as administracións locais mantiñan cos seus proveedores e que estaban a afogar a moitas pequenas empresas. Do método vitimista tamén podemos citar ducias e ducias de casos pero o máis sangrante é o caso da Praia das Catedrais, os famosos vídeos do alcalde amosando colas, atascos e outros handicaps da praia e culpando á Xunta colgados na rede nestes tempos de primacía das TIC nas decisións turísticas. Este foi o primeiro caso de publicidade turística negativa por parte dun alcalde (e polo tanto do pobo que representa) na historia da comunicación. Pero se facer este dano de imaxe, e por ende, económico ó concello non fora suficiente, o máis grave é que está a utilizar a fama da praia para unha promoción persoal e política, dándose a coñecer a sí mesmo como azoute do goberno da Xunta. Ogallá toda esta maestría na estratexia mediática leven ó sr. Suárez todo o lonxe que queira chegar persoal e políticamente pero, entretanto, eu prégolle que non utilice na súa campaña nin o noso pobo nin o noso diñeiro e teña a honestidade de concederlle ó Rei o que é do Rei e ao César o que é do César. Recorde Sr. Alcalde, o que decía Lincoln: pódese enganar a todos un tempo, ou a algúns todo o tempo, pero non se pode enganar a todos todo o tempo. Azucena González Loredo Concelleira do PP no concello de Ribadeo

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE