• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

OPINIÓN | "A Festa do Ourizo, a festa do pobo" por José Manuel Balseiro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Un ano máis o pobo de San Ciprián acolle a súa tradicional Festa do Ourizo, que celebra a súa vixésimo segunda edición, e convértese no epicentro informativo e lugar de visita obrigada para todos aqueles que desexen disfrutar da boa gastronomía. Ben é certo que os pratos preparados con este equinodermo pasaron de ser receitas con escasa atención gastronómica a significar unha exquisitez moi valorada por aqueles que entenden da boa cociña. De aí, parte da razón do seu éxito, nos últimos anos. Claro que nada ten que ver esta situación coa realidade histórica dun produto mariño que si viña sendo apreciado polos nosos veciños, polas xentes, profesionais do mundo do mar e dos núcleos costeiros da Mariña que xa coñecían a súa potencionalidade culinaria. En calquera caso o que comezou como unha iniciativa dun grupo de veciños interesados en potenciar a degustación deste produto de temporada, no marco das ideas impulsadas daquela por unha emerxente asociación de comerciantes, ten hoxe unha proxección importantísima incluso no conxunto de Galicia.. A Festa do Ourizo, non me cansarei de dicilo, é unha cita que naceu do pobo, quen lle deu o seu primeiro impulso e que desde moi pronto contou co apoio do Concello de Cervo e outras administracións como a Xunta. Pobo e administracións unindo esforzos conseguiron ese reto no ano 2008, da súa declaración como festa interese turístico galego. Nos últimos anos a presenza de destacados dirixentes políticos e, moi en particular, da conselleira Rosa Quintana, son mostra certa do compromiso coa exaltación dun produto que para moitos está aínda por descubrir. A titular do departamento autonómico do Medio Rural e do Mar subliña o sentir orgulloso dun pobo que ten razóns para presumir dos seus produtos culinarios. No futuro está o reto de seguir facendo do ourizo e, en xeral, do marisqueo unha fonte de achega de emprego e de beneficio económico, tanto a través da extracción como tamén, e aquí queda moito por andar, pola comercialización e transformación dos produtos mariños. Que mellor forma de facer realidade este obxectivo que recuperando e potenciando unha actividade tradicional que está a darse na nosa costa desde fai moito tempo. Convídovos a viaxar o sábado a San Ciprián. A compartir o ambiente festivo desta vila que se engalana para exaltar un dos seus produtos máis recoñecidos: o ourizo do mar.     Jose Manuel Balseiro Orol, Secretario do Parlamento de Galicia  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar